miércoles, 28 de agosto de 2019

Mural por LEANDRO BAREA / DesOrdes Creativas 2019

Máis DesOrdes 2019! É o turno para o gran Leandro Barea. O ilustrador e humorista gráfico lucense fixo varias pezas durante esta edición e aquí amosámosvos a meirande delas, pero non a única. (prontiño máis..) 
Como podedes ver e como é costume en Leandro, a propia peza fala por si mesma e cremos que non convén explicar moito máis ao respecto... Xa que sería quitarlle a gracia e en consecuencia finalmente un despropósito...
Asi que neste caso só imos dicir que nos arrinca un sorriso cada vez que pasamos por alí e que nos encanta, como todo o que sae desa brilante e mordaz cabesiña. 

Situación: Rúa Nova, Ordes
Fotos por A.L.Crego
Curado por Mutante Creativo
----------------------------------------------------------
Organiza Concello de Ordes
Cofinanza Deputación Provincial da Coruña /  Turismo da Deputación da Coruña
Patrocinan Pinturas PROA / Loxam Loxam Hune Spain



























No hay comentarios:

Publicar un comentario