Mostrando entradas con la etiqueta galicia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galicia. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de agosto de 2023

GLEO


GLEO
(Colombia) 

GLeo é unha artista visual natural de Colombia. Ela proponnos entender a súa pintura como parte de nós, partindo da premisa de que formamos un todo coa natureza. Centra a súa obra na investigación gráfica na procura dunha linguaxe sensorial universal, na cal o seu traballo sería un punto de inflexión dentro dos espazos que habitamos a cotío. Unha ponte a unha experiencia de contemplación interior.
A súa obra pode atoparse en galerías e paredes de numerosas cidades ao redor do mundo, como Marrocos, Turquía, México, Suecia, Portugal, Ecurador, Brasil, Estados Unidos e España entre moitos outros. Recentemente foi convidada polo Museo Mauritshuis en La Haya (Holanda) pra reinterpretar unha das obras mestras da colección nun mural de gran formato, conmemorando os 200 anos de celebración.
E teremos a sorte de tela nesta 16ª edición do DesOrdes! Do 4 ao 13 de agosto! Pronto máis info! Atentxs!

MR. DIFUZ

 


MR. DIFUZ (Francia)

Seguimos presentádovos o cartaz desta edición! Quenda para MR.DIFUZ (Francia) >> DIFUZ

Difuz comezou a pintar na rúa á temperá idade de 13 anos e Marsella convertiríase na súa cidade de formación, onde funda en 2001 o colectivo Ki Fait Ca? (Quén fai iso?).
Dende 2013 ten participado en grandes eventos na Francia e ao redor do mundo, creando murais a gran escala, expoñendo a súa obra e colaborando con algúns artistas pioneiros nesta disciplina.
O seu traballo céntrase na investigación plástica e conceptual ao redor da condición do ser humano contemporáneo. Un particular universo en constante movimento, dinámico e colorista que se nutre do ritmo da vida do sur de Francia, libre, caprichoso e popular.

miércoles, 2 de agosto de 2023

DOA OA



 DOA OA (Galiza)

Comezamos coas presentacións da vindeira 16 ª edición do DesOrdes! E como non podía ser doutro xeito, comezamos polos da casa!. 😉
DOA OA, é unha das principais figuras do muralismo galego e tamén estatal, cunha extensa traxectoria e ampla experiencia, ten participado en numeros proxectos e e eventos de muralismo e arte urbana ao redor do globo nos últimos anos e é pra nos unha axente rexeneradora do espazo público suuuper necesaria.
Dende moi nova estivo experimentando diferentes técnicas expresivas. Fai xa uns anos descobre a posibilidade de axudar ao reino verde a recuperar o espazo perdido, e é nese momento cando empeza o seu proxecto Reforestando. Pensado por e para a transformación do espazo público a través da arte, mediante intervencións murais “site specific” de temática vexetal.
O motor desta idea é a urxente necesidade de recoñecer e respectar o contorno natural e todo o reino vexetal, así como a importancia de espertar na nosa conciencia a idea de que somos parte dun todo. Con cada intervención mural da serie Reforestando, Doa consegue facer florecer e renacer dun xeito novo a cada espazo no que actúa.
Pronto dirémosovos que parte de Ordes, onde reina o gris e o cemento, fará brotar de novo a nai natureza. 😉
Atentas!
Saúde e cor!

viernes, 16 de septiembre de 2022

NOVE NOEL

E aquí está a quinta das obras murais desta 15ª edición do festival! Mural do noso querido e admirado artista rianxeiro NOVE NOEL (parte dereita). Que unha vez máis nos trouxo o seu bo facer a Ordes cun anaquiño do seu universo particular e unha especial homenaxe á singladura deste festival durante estes 15 anos.

.
Mural en colaboración con Noe Cor (parte central)
.
Máis info:
.
Podedes visitalo na rúa Alfonso Senra nº 43-45, Ordes.
Localización MAPA
.
Comisariado e producido por Mutante Creativo
Fotos: SOKRAM
.
.
Colaboran:



















miércoles, 14 de septiembre de 2022

NOE COR

 Cuarta das obras desta 15ª edición do festival! Mural da xenial artista uruguaia Noe Cor (parte central)


.
Mural en colaboración con NOVE NOEL (parte dereita)
.
Máis info:
.
Podedes visitalo na rúa Alfonso Senra nº 43-45, Ordes.
Localización MAPA:
.
Comisariado e producido por Mutante Creativo
Fotos: SOKRAM
.
.
Colaboran: