CEDE O TEU MURO


É MOI DOADO >> ENVÍANOS UN EMAIL: 

Se estás interesado/a en que se faga un mural na túa propiedade, é moi doado, só tes que poñerte en contacto connosco enviando un email a este enderezo de correo electrónico indicándonos a seguinte información e tendo en conta estas premisas:

desordes@mutantecreativo.com 


* INFORMACIÓN REQUERIDA:

1. Nome e apelidos do propietario/a

2. Correo electrónico e tfno de contacto.

2. Foto da parede e enderezo da mesma.


* PREMISAS A TER EN CONTA NA CESIÓN DE MUROS: 


1. CUSTE CERO PARA O PROPIETARIO/A:

O custe do mural será asumido pola organización do festival, eximindo de calquer custe e responsabilidade ao propietario do inmoble. O festival correrá a cargo de tódolos custes que éste supón, como son a loxística, os materiais, os honorarios e dietas do artista, etc..

Ademáis a organización do  festival encargarase de conseguir tódolos permisos legais para levar a cabo a obra, así como de cumplir con tódalas normativas de seguridade laboral durante a execución da obra.


2. LIBERDADE CREATIVA:

Se cedes a túa parede, ten en conta que se trata dun festival de arte na rúa fundamentado principalmente na liberdade creativa e na expresión artística.

Non se trata dun encargo privado, é por iso que para os propietarios/as non ten custe algún.  Polo tanto deberás  confiar na traxectoria e criterio de selección do festival e na calidade artística dos artistas participantes e dar liberdade creativa para realizar a súa obra na túa propiedade. 


3. MÍNIMO DE PERMANENCIA DAS OBRAS: 

A obra que se realice na túa propiedade terá que ter unha permanencia mínima de 5 anos, agás que suceda algún tipo de emerxencia estructural (obras por desperfectos na propiedade que esixan irremediablemente o borrado do mural). 

Isto é así, porque temos que ter en conta, que se trata dun festival de arte pública, financiando polo concello e a deputación da coruña, cunha inversión pública no ben común que é o casco urbán do pobo, polo que esta inversión deberá ter un percorrido mínimo de vida nos vindeiros anos despois da súa realización. 

Para a formalización da cesión do muro, o propietario firmará un documento entre as dúas partes (propietario e festival) no que se especificarán estas premisas e se dará formalidade legal a este acordo entre as partes.









No hay comentarios:

Publicar un comentario