lunes, 17 de septiembre de 2012

NANO 4814 no DESORDES 2012

Galego:

NANO 4814

Natural de Vigo e emigrante sen papeis en Madrid dende fai 8 anos, é un dos artistas urbanos de todo o estado con maior proxección internacional. Referencia obrigada e pioneiro en España do chamado post graffiti iconográfico, moitos recoñecerédelo polo seu popular logotipo persoal, un choquiño a modo de throw up, que o representa alá por onde vai, cuspindo tinta sen parar aquí e alá.

Versátil, vitalista, simbólico, licenciado en belas artes na especialidade de escultura, o seu traballo creativo nútrese inevitablemente de diversas influencias, pero a súa melomanía conxénita e unhas raíces fornidas no mundo do skateboarding fai mella nas súas creacións. Cun estilo colorista, aparentemente positivo, cun trazo firme que roza ós perfectos acabados en vinilo, toca temas que aluden en ocasións a realidades bastante siniestras coas que describe variopintos mensaxes, sempre sutilmente camuflados baixo esa estética a primeira vista alegre.
Nos últimos anos Nano percorreu co seu traballo diversos paises por todo o mundo, expoñendo en diferentes festivais e espazos expositivos de renome. Cabe destacar a súa participación no Tate Modern de Londres e os tours con Equipo plastico por cidades como Pekin, Monterrey ou Lima.

Neste DesOrdes 2012 de acontecementos, Nano regaloulle a esta vila esta peza na que combinou pintura plástica, sprays, rodillos, a orquesta panorama, pinceis, un cacharro-difusor cheo de pinturica diluída teoricamente deseñado para sulfatar “diversos cultivos”, andamios, un camión elevador, unha despedida de solteiro, unha escada colectiva e unha gran dosis de desordes creativas.

O mural atópase na rúa dos lagartos e según o acordo firmado ante notario que chegou Nano cunha veciña do lugar douse en chamar “ O Borrachín”.

Máis info:
http://nano4814.com/
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Castellano:  

NANO 4814 

Natural de Vigo y emigrante sin papeles en Madrid desde hace 8 añosw, es uno de los artistas urbanos de todo el estado con mayor proyección internacional. Referencia obligada y pionero en España del llamado post graffiti iconográfico, muchos lo reconocereis por su popular logotipo personal, un choco o calamar a modo de throw up, que lo representa allá por donde va, escuspiendo tinta sin parar aquíe allá.

Versátil, vitalista, simbólico, licenciado en bellas artes en la especialidad de escultura, su trabajo creativo se nutre inevitablemente de diversas influencias, pero su melomanía congénita y unas raíces fornidas en el mundo del skateboarding hace mella en sus creaciones. Con un estilo colorista, positivo, un trazo firme que roza los perfectos acabados en vinilo, toca temas que aluden en ocasiones a realidades sórdidas y bastante siniestras con las que describe variopintos mensajes, siempre sutilmente ocultos bajo esa estética aparentemente alegre.
En los últimos años Nano ha recorrido con su trabajo diversos paises por todo el mundo, exponiendo en diferentes festivales y espacios expositivos de renombre. Cabe destacar su participación en el Tate Modern de Londres y el tour con Equipo Plástico por ciudades como Pekin, Monterrey o Lima.

En este DesOrdes 2012 de acontecimientos, Nano regaló al pueblo esta pieza en la que combina pintura plástica, sprays, rodillos, la orquesta panorama, pinceles, un cacharro-difusor lleno de pinturica diluída teoricamente diseñado para sulfatar “diversos cultivos”, andamios, un camión elevador, una despedida de soltero, una escalera colectiva y una gran dosis de desordes creativas.

El mural se encuentra en la “Rúa dos Lagartos” y según el acuerdo firmado ante notario al que llegaron Nano y una vecina del lugar ha resultado llamarse “ O Borrachín”.

Más info:
http://nano4814.com/ 


 



 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada