miércoles, 31 de julio de 2019

MASTER CLASS DE RETRATO RÁPIDO CON YOSEBA MP



⚠️ ATENCIÓN | MASTER CLASS CON YOSEBA MP ⚠️
ABERTO O PRAZO de inscrición pra a MASTER CLASS de RETRATO RÁPIDO impartida por Yoseba MP titulada “Cando as series eran ao mediodía” (Só 10 prazas, aberto ata o 7 de agosto)

"CANDO AS SERIES ERAN AO MEDIODÍA"

Durante duas xornadas viaxaremos a 80´s e 90´s, a esas sobremesas calurosas de verán onde Michael Knight, Steve Urkel, Magnum ou M.A Barracus eran os xefes indiscutibles da parrilla televisiva. 
Yoseba MP traenos esta delirante e nostálxica 'master class' de iniciación ao retrato e a pintura rápida, onde ti elixes a túa personaxe favorita! Dende Alf ata Mitch Bukanan, de Balki Baltokomus ata McGyver. Unha viaxe ao pasado a través do retrato!

Elixe a qué máis che poña ou trae a túa personaxe fetiche!! 

INCRÍBETE XA, SÓ MANDÁNDONOS UN EMAIL! (segue as instruccións ao final deste post)
...............................................................................................................................................................
Yoseba Muruzábal, afincado en Santiago de Compostela, é un dos máximos expoñentes da pintura contemporánea en Galiza. A súa obra caracterízase por un marcado estilo realista, e en ocasións unido ao surrealismo, onde mostra escenas cotiás, a través dunha pincelada moi suxestiva e de forte influencia fotográfica. É creador da serie de murais chamada 'Fenómenos do rural' onde as nosas avoas se converten en superheroínas dotadas de poderes sobrehumanos, rendendo así homenaxe á muller como figura crucial na nosa sociedade.
Esta actividade está pensada e vai dirixida a un público obxectivo relacionado coas artes plásticas, que teña algún tipo de experiencia, formación ou relación coa arte.
...............................................................................................................................................................
LUGAR: Pza da Constitución
DATAS: Venres 9 e sábado 10 de agosto.
HORARIOS: De 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h. a 20:00 h.
MATRÍCULA: Inscrición gratuíta ata cubrir prazas (Só 10 prazas, aberto ata o 7 de agosto)
INSCRICIÓN:
Os/as interesados/as enviar un email a esta dirección de correo: info@mutantecreativo.com
INDICANDO OS SEGUINTES DATOS:
- MASTER CLASS: "Cando as series eran ao mediodía"
- NOME E APELIDOS
- IDADE
- TELÉFONO e EMAIL
- FORMACIÓN ( Experiencia profesional, estudos relacionados, cursos, etc)
- PORTFOLIO ADXUNTO OU LINK AO TEU PORTFOLIO/WEB/BLOG ou similar

No hay comentarios:

Publicar un comentario