martes, 30 de julio de 2024

TORNEO BASKET 3X3

 


💥ATENCIÓN!! Este ano traemos unha novidade!!💥
🏀 TORNEO DE BASKET 3X3!! INSCRICIÓNS ABERTAS ATA O 1 DE AGOSTO (Gratuíta)!! Inscríbete xa!

Datas: 9 e 10 agosto 2024 (a partir das 19 h.)

Lugar: Pavillón Castelao II

Categorías:
De 13 a 17 anos
• 18 anos ou máis

INCRÍBETE ANTES DO 1 DE AGOSTO:
• Presencialmente no departamento de Deportes, 1º andar
• A través do email: 3x3ordes@gmail.com


💥💥💥 Volve o DESORDES SONORAS!!

 


💥💥💥 Volve o DESORDES SONORAS!! 💥💥💥 O SÁBADO 10 de agosto! 💥💥💥 ENTRADA de GRATIS!! 

Cos CONCERTOS dos maquinarias BOYANKA KOSTOVA, CEMENTO MUSGO e a DJ Session de MOU (á noite) e SESIÓN VERMÚ con EMBRUXO e Dj Session de MOU (a mediodía )  


Cóntallo a toda a familia!! 

Vémonos no parque dos círculos 🌈 💥


#desordes #desordes24 #desordessonoras 

#boyanka #boyankakostova #cementomusgo 

#møu #embruxo #ordes



viernes, 26 de julio de 2024

OBRADOIRO con HANQO // "ESTAMPACIÓN DE GUERRILLA"

 


OBRADOIRO con HANQO / "ESTAMPACIÓN DE GUERRILLA”


INSCRICIÓN ABERTA // PRAZAS MOI LIMITADAS 


Data: sábado 10 de agosto / Horarios: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h. / Lugar de saída: Parque da Constitución (aka Parque dos Círculos), Ordes

 

Hanqo é un laboratório de formas no que se crean e se editan lembranzas de produción local. Hanqo é un lugar curioso… E con moita curiosidade, investiga sobre as formas, os símbolos, os seus significados e a sua memoria para despois traballar con eles de maneira plástica.

 

O seu traballo sobre a estampación de guerrilla ou pirata tamén se orienta neste sentido. Por iso están especialmente interesados en rescatar aqueles símbolo que falan da memoria dos lugares nos que habitamos e que moitas veces descoñecemos. Pero tamén en revisalos e reinterpretalos desde un ollar contemporáneo. Tamén en cuestionar sobre se esos símbolos poden ter os mesmos significados nos tempos nos que foron creados e nos dias de hoxe.

 

O día 10 de agosto no DesOrdes, Hanqo realizará un obradoiro participativo de estampación pirata, buscando, rescatando, reinterpretando e apropiándose dese material plástico que nos rodea.

 

Trae as túas prendas de roupa ou complementos sobre as que queiras estampar e mergúllate con nós nas profundidades gráficas de Ordes a través das tapas dos sumidoiros e outros segredos ocultos.

 

A actividade é gratuíta PERO temos prazas moi limitadasAsí que bule e apúntate enviando un correo a info@mutantecreativo.com indicándonos o teu nome, apelidos, email e nro de tfno.

 

 

+ INFO sobre HANQO:

https://www.instagram.com/explore/tags/hanqo/top/?hl=af



























miércoles, 24 de julio de 2024

PAOLA DELFÍN (México)

 


✨✨E pechamos as presentacións dxs muralistas desta edición coa figura da artista mexicana PAOLA DELFÍN✨✨ 🧐🧐🧐 >>> Paola Delfín
(V.Galego)
PAOLA DELFIN (México)
Paola Delfín é sen dúbida unha das figuras máis relevantes do muralismo mexicano dos últimos tempos. A súa obra, que mestura luces e sombras baixo unha permanente paleta en escala de grises, é recoñecida en medio mundo pola súa mensaxe e forza expresiva. A través dos seus murais cargados de contido emocional, busca xerar conversas sobre o papel humano no mundo e a importancia de conectar co medio ambiente, destacando a fusión entre a natureza e fauna ou o empoderamento da muller e das minorías sociais.
——
(V.Castellano)
PAOLA DELFIN
(México)
Paola Delfín es sin duda una de las figuras más relevantes del muralismo mexicano de los últimos tiempos. Su obra, que entremezcla luces y sombras bajo una permante paleta en escala de grises, es reconocida en medio mundo por su mensaje y fuerza expresiva.
A través de sus murales cargados de contenido emocional, busca generar conversaciones sobre el papel humano en el mundo y la importancia de concectar con el medio ambiente, destacando temáticas como la fusión entre naturaleza y fauna como un mismo ser o el empderamiento de la mujer y de las minorías sociales.
--