OBRADOIRO con HANQO / "ESTAMPACIÓN DE GUERRILLA”
INSCRICIÓN ABERTA // PRAZAS MOI LIMITADAS
Data: sábado 10 de agosto / Horarios: de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h. / Lugar de saída: Parque da Constitución (aka Parque dos Círculos), Ordes
Hanqo é un laboratório de formas no que se crean e se editan lembranzas de produción local. Hanqo é un lugar curioso… E con moita curiosidade, investiga sobre as formas, os símbolos, os seus significados e a sua memoria para despois traballar con eles de maneira plástica.
O seu traballo sobre a estampación de guerrilla ou pirata tamén se orienta neste sentido. Por iso están especialmente interesados en rescatar aqueles símbolo que falan da memoria dos lugares nos que habitamos e que moitas veces descoñecemos. Pero tamén en revisalos e reinterpretalos desde un ollar contemporáneo. Tamén en cuestionar sobre se esos símbolos poden ter os mesmos significados nos tempos nos que foron creados e nos dias de hoxe.
O día 10 de agosto no DesOrdes, Hanqo realizará un obradoiro participativo de estampación pirata, buscando, rescatando, reinterpretando e apropiándose dese material plástico que nos rodea.
Trae as túas prendas de roupa ou complementos sobre as que queiras estampar e mergúllate con nós nas profundidades gráficas de Ordes a través das tapas dos sumidoiros e outros segredos ocultos.
A actividade é gratuíta PERO temos prazas moi limitadas. Así que bule e apúntate enviando un correo a info@mutantecreativo.com indicándonos o teu nome, apelidos, email e nro de tfno.
+ INFO sobre HANQO:
https://www.instagram.com/explore/tags/hanqo/top/?hl=af
No hay comentarios:
Publicar un comentario