miércoles, 24 de julio de 2024

TAXIS (Grecia )



Comezamos coas presentacións desta 17^ edición do @desordescreativas!! Quenda para o artista grego TAXIS ( Dimitris Taxis )!! 🧐

TAXIS ( Dimitris Taxis )
(Grecia)
Taxis é un artista polaco-grego, que vive e traballa en Atenas. Comezou de moi cativo pintando graffiti a finais dos noventa, experimentando con paredes, bombas, trenes, etc.. para pouco despois pasar á banda deseñada e ás ilustracións.
Máis tarde estuda pintura na Escola de Belas Artes de Atenas graduándose no 2008 e a mediados da década pasada comeza a pintar murais de gran formato e participar en multitude de festivais e proxectos de arte urbana ao redor do mundo, forxándose unha ampla traxectoria e longa experiencia no muralismo nestes últimos dez anos.
As súas temáticas a miúdo representan sentimentos de desolación e alienación dende un punto de vista existencialista e vitalista, tentando reexaminar o obvio e construír novos significados a partires do máis mundano, moitas veces por medio de retratos ou naturezas mortas.
A súa liña é forte e certeira, como na banda deseñada, pero tamén en ocasións realiza combinacións de estilos ou prantexamentos estéticos máis propios da pintura académica clásica.
A súa versátil e ampla obra pode contemplarse en multitude de países ao redor do mundo e o seu traballo de estudo ten sido exposto en diversas exposicións colectivas en Europa e varias exposicións individuais como na galería Arte Galo en Turín e na Galería Underdogs de Lisboa.
Pronto máis nova de onde estará pintando exctamente durante os días do festival.
Lembrade, vémonos do 2 a 11 de agosto!
Saúde e cor!

——————
(V. Castellano)
TAXIS
Taxis es un artista polaco-griego que vive y trabaja en Atenas, Grecia. Empezó de muy joven a hacer graffiti.
a finales de los noventa, experimentando con paredes, bombas, trenes etc., antes de pasar a los cómics y las ilustraciones.
Más tarde estudia pintura en la Escuela de Bellas Artes de Atenas graduándose en 2008 y a mediados de la década pasada, comienza a pintar murales de gran formato y a participar en multitud de festivales y proyectos de arte urbano alrededor del mundo.
Sus temáticas a menudo representan sentimientos de desolación y alienación desde un punto de vista existencialista y vitalista, intentando reexaminar lo obvio y construír nuevos significados a partir de lo más mundano.
Su línea es fuerte, clara y certera, como en el comic, pero también en ocasiones realiza combinaciones de estilos o planteamientos estéticos más propios de la pintura académica clásica.
Su versátil y amplia obra puede contemplarse en multitud de países alrededor del mundo y o su trabajo de estudio ha sido expuesto en diversas exposiciones colectivas en Europa, y dos exposiciones individuales en la Galería de Arte Galo de Turín, y la Galería Underdogs en Lisboa.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario