miércoles, 21 de septiembre de 2011

MOU, XPEN & ISI

MOU (Mutante)
Santiago de Compostela,
1981.


Festival Compostela Skate, con Sokram

MC, beatmaker, deseñador gráfico, ilustrador, graffiteiro, muralista...e, tamén, propulsor e desorganizador do DesOrdes Creativas.

Como case todos na nosa añorada infancia, Mou comeza pintando de moi meniño, fascinado polo mundo do manga xaponés, o anime e os debuxos animados occidentais. O seu primeiro contacto co graffiti e a arte urbana data en torno ó ano 98 e será máis adiante, sobre o 2002 aproximadamente, cando comeza a tomalo máis en serio xunto cos seus compañeiros de Dios ke te Crew.

Nestes anos tamén estuda Gráfica Publicitaria na Escola Superior de Arte e Deseño Pablo Picasso, de A Coruña, o cal aporta un pulo novo ao seu traballo aportando novos enfoques e coñecementos.

A súa inspiración provén principalmente da banda deseñada, tanto da europea como do manga xaponés ou o anime, e unha parte moi importante tamén do deseño gráfico e da ilustración. Estas influencias converxen no seu traballo nun universo de personaxes donde priman os volúmes planos e os trazos limpos e definidos.


London Club, con Sokram

Principalmente centra o seu traballo visual na creación de obra gráfica, no deseño gráfico e na decoración muralística con Mutante, estudio de deseño co que ten realizado múltiples traballos creativos en distintos formatos e para diversos clientes.


Festival DesOrdes Creativas 2010, con Sokram



Aparte disto, nos últimos anos participou en varios eventos e festivais relacionados coa arte urbana como o Compostela Skate (Santiago de Compostela), DesOrdes Creativas (Ordes), Festival Meigas Fora! (Poulo, A Coruña), Customize Sessions 1(Cultura Urbana Shop, Santiago) e o seu traballo publicouse nalgunhas publicación editoriais como “Los nombres esenciales del graffiti y del arte urbano español” (Editorial Luwnberg).



--------------------------------------------------------------------

XPEN (A.k.a. Spen, A.k.a. Spencer)
Vigo, 1978.



Artista multidisciplinar (graffiti, muralismo, ilustración,deseño, web, animación,..), afincado na cidade de Vigo, é un veterano do aerosol cunha ampla traxectoria na escea do graffiti e moitos traballos ás súas costas, tanto na rúa coma noutros soportes.



Nun principio o seu estilo alimentábase das formas do graffiti máis tradicional, os seus primeiros murais datan do ano 1995, pero co paso do tempo o seu traballo foi adquirindo maior complexidade e matices máis sutís.



As máquinas e a robótica cobraron grande importancia na súa obra, coma unha metáfora crítica e reflexiva sobre esta realidade, cada vez máis alienante e mecanizada. Os seus humanoides robóticos mutan en seres mitolóxicos e emiten mensaxes codificadas en ceros e uns, coqueteando nalgúns intres cunha estética próxima a unha art deco retro futurista.





Ao longo dos últimos dez anos ten participado en numerosos eventos e actividades relacionadas co graffiti e a arte urbana por toda Galicia. Tanto na rúa como de outro tipo: obradoiros formativos, programas de TV, festivais...
Podemos citar algúns como o Festival de Graffiti "Klonica" (Narón, A Coruña); Festival de Graffiti "Intercontracultura" de Porriño (Pontevedra), "DesOrdes Creativas" 2009 y 2010 ou o Festival de arte independente e novas tendencias de Pontevedra "IFI".

-------

Os que vivimos nesta zona, algúns, sabemos de sobra cales son os altos índices de contaminación existentes na comarca e cales son os factores que provocan esta realidade tan apetecible: unha central térmica, unha incineradora de residuos, un basureiro xigantesco descontrolado.. Todo isto nun pequeno radio de poucos kilómetros. Como din algúns ironizando sobre o tema.. Somos a capital da merda!
Estos son os detonantes da idea que puxo mans á obra a estes dous, Mou & Xpen, contando coa importante aportación e axuda de Isi nun último término, recén chegado de Ciudad Real.
O resultado, como vedes, é unha visión irónica e cómica dun futuro DesOrdes, quizáis no tan afastado dun futuro real....No que os autores se reflexan a si mesmos nunha realidade hiperindustrializada, retratados coma seres mutantes ou protexidos con máscaras anticontaminación, rodeados por unha nube tóxica que todo o envolve..

Autores: Mou, Xpen & Isi
Técnica: Plástica e aerosol.














--------------------------------------------------------------------------------

Texto en castellano:

MOU (Mutante)
1981, Santiago de Compostela.

MC, beatmaker, productor musical, diseñador gráfico, ilustrador, graffitero, muralista...y, tambien, propulsor y desorganizador del DesOrdes Creativas.

Como casi todos en nuestra añorada infancia, Mou comienza pintando de muy pequeño, fascinado por el mundo del manga japonés, el anime y los dibujos animados occidentales. Su primer contacto con el graffiti y el arte urbano data en torno al año 97 pero será más adelante, sobre el 2002 aproximadamente, cuando comienza a tomárselo más en serio junto con sus compañeros del colectivo hip hop Dios ke te Crew.
En estos años tambien estudia Gráfica Publicitaria en la Escuela Superior de Arte y Diseño Pablo Picasso, de A Coruña, lo cual le aporta un nuevo empuje a su trabajo aportando nuevos enfoques y conocimientos.

Su inspiración artística proviene principalmente del comic, tanto del europeo como del manga o el anime, y una parte muy importante tambien del diseño gráfico y la ilustración. Estas influencias convergen en su trabajo en un universo de personajes donde priman los volúmenes planos y los trazos limpios y definidos.
Principalmente centra su trabajo visual en la creación de obra gráfica, en el diseño gráfico e en la decoración muralística con Mutante, estudio de diseño con el que ha realizado múltiples trabajos creativos en distintos formatos y para diversos clientes.

Aparte de esto, en los últimos años ha participado en varios eventos y festivales relacionados con el arte urbano como el Compostela Skate (Santiago de Compostela), DesOrdes Creativas (Ordes), Festival Meigas Fora! (Poulo, A Coruña), Customize Sessions 1(Cultura Urbana Shop, Santiago) y su trabajo se ha publicado en algunas publicaciones editoriales como “Los nombres esenciales del graffiti y del arte urbano español” (Editorial Luwnberg).

---------------------------------------------------------------

XPEN (A.k.a. Spen, A.k.a. Spencer)
Vigo, 1979.

Artista multidisciplinar (graffiti, muralismo, ilustración,deseño, web, animación,..), afincado en la ciudad de Vigo, es un veterano del aerosol con una amplia trayectoria en la escena del graffiti y muchos trabajos a sus espaldas, tanto en la calle como en otros soportes.

En en un principio su estilo se alimentaba de las formas del graffiti más tradicional, sus primeros murales datan del año 1995, pero con el tiempo su trabajo fué adquiriendo mayor complejidad y matices más sutiles. Las máquinas y la robótica cobraron gran importancia en su obra, como una metáfora crítica y reflexiva sobre esta realidad, cada vez más alienante y mecanizada. Sus humanoides robóticos mutan en seres mitológicos y emiten mensajes codificados en ceros y unos, coqueteando por momentos con una estética cercana a un art deco retro futurista.
Durante los últimos diez años ha participado en numerosos eventos y actividades relacionados con el graffiti y el arte urbano por toda Galicia. Tanto en la calle como de otro tipo: talleres formativos, programas de TV, festivales...
Podemos citar algunos como el Festival de Graffiti "Klonica" (Narón, A Coruña); Festival de Graffiti "Intercontracultura" de Porriño (Pontevedra), "DesOrdes Creativas" 2009 y 2010 o el Festival de arte independiente y nuevas tendencias de Pontevedra "IFI".

--------------------------------

Los que vivimos en esta zona, algunos, sabemos de sobra cuales son los altos índices de contaminación existentes en la comarca y cuales son los factores que provocan esta realidad tan apetecible: una central térmica, una incineradora de residuos, un basurero gigantesco descontrolado.. Todo esto en un pequeño radio de pocos kilómetros. Como dicen algunos ironizando sobre el tema.. Somos a capital da merda!
Estos son los detonantes de la idea que puso manos a la obra a estos dos, Mou & Xpen, contando con la importante aportación y ayuda de Isi en un último término, recién llegado de Ciudad Real.
El resultado, como veis, es una visión irónica y cómica de un futuro DesOrdes, quizás no ten separada de un futuro real....en el que los autores se reflejan asi mismos en una realidad hiperindustrializada, retratados como seres mutantes o protegidos con máscaras anticontaminación, rodeados por una nube tóxica que todo lo envuelve..

martes, 6 de septiembre de 2011

DESORDES CREATIVAS: NASH, NANA & SOKRAM

NANA
Santiago de Compostela, 1983.



A súa afición polo debuxo venlle dende nena, xa á idade de 10 anos asiste a clases de pintura e fai os seus primeiros cadros a óleo interesándose polo expresionismo. Quizais sería máis normal que tirase pola Art Brut de Dubuffet pero non... era Monet o que lle flipaba á rapariga!

Chegada a adolescencia o seu camiño pasa por estudar Xoiería Artística na Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo en Compostela, o cal lle levaría a traballar durante un tempo neste eido.

No 2006 esperta a súa interese polo graffiti e a arte mural e comeza a pintar na rúa, pouco a pouco vai aprendendo a técnica e deixa pegada nas paisaxes urbanas de lugares coma Compostela, A Coruña, Ordes, Lisboa ou Madrid.



Ao mesmo tempo estuda Ilustración na Escola Superior de Arte e Deseño Pablo Picasso, en A Coruña e o seu traballo artístico intensifícase. Participa en varias exhibicións e festivais de arte urbana como MAD Poster Art(Festival Internacional de Poster Art de Madrid), o DesOrdes Creativas 2009 e 2010, Compostela Skate 2010. Ademáis o seu traballo gráfico comeza aplicalo a outros eidos como a textil, personalizando roupa e complementos(camisetas, gorras, zapatillas,etc…) co seu particular estilo e participa nalgúns eventos desta índole como Customize Sessions 1 (Cultura Urbana Shop).







Hoxe por hoxe, acadou un estilo moi persoal que se recoñece nun só golpe de vista. O seu imaxinario gráfico podería ser coma unha viaxe por un mundo de fábula, na que animais, monstros, bichos e bonitas nenas con mirada de adulto cohabitan xogando xuntos neste mundo gris.






NASH
Rianxo, 1989



É o participante máis xoven desta edición do festival, pero para nada por eso menos que o resto. É máis, Nash sorpréndenos ano tras ano co seu talento natural e as capacidades que vai adquirindo a ritmo de vértigo.
É a cuarta edición consecutiva que participa no DesOrdes Creativas e este ano unha vez máis, como veredes, podemos decir que se superou...
A súa afición polas artes plásticas venlle tamén de neno, xa no seu Rianxo natal asiste a clases de debuxo, comic e pintura dende moi pequeno, o cal se nota na súa versatilidade para tocar distintos estilos e técnicas.



Foi ca súa chegada a Santiago de Compostela no 2006 cando se acelera a súa andaina no mundo do graffiti. Coñece a outros escritores e pouco despois prodúcese a formación da crew Comi2 (da que forma parte activa) e o consecuente incremento da súa presenza nas rúas de Santiago e outros lugares de Galicia. Un tempo máis tarde estuda Ilustración na Escola Superior de Artes e Deseño Pablo Picasso de A Coruña, o cal influenciará notablemente o seu traballo.. A ilustración, o comic, graffiti, stencil, tipografía, o deseño gráfico, confluén a partir da aquí dando forma a un estilo cada vez máis persoal.



Nos últimos non parou de moverse e pintar alí onde estivo, podemos ver obras deste rianxeiro nas rúas de cidades e vilas como A Coruña, Santiago, Barcelona, Madrid, Córdoba, Vigo, Ordes. Por outra banda foi finalista do certame GZ Crea na modalidade de graffiti, participou en exhibicións e festivais de arte urbana como Eutopía Festival(Córdoba), El graffiti más largo del Mundo ( Madrid), Compostela Skate (Santiago), DesOrdes Creativas, Revoltosa Rock (Oroso, A Coruña), Festival Trincadeira ( Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) e o seu traballo foi publicado nalgúns medios escritos como “Los principales nombres del graffiti español” (Editoria Luwnberg) ou a revista HipHopNation.



-----------------------------------------------------

NASH, NANA & SOKRAM : "A ATRACCIÓN FATAL"



Nash, Nana, e Sokram, decidiron formar un trío de baile nesta disco-tasca de cores e formas para desenrolar este mural de grandes dimensións, que ocupa a parede lateral do parque infantil situado na rúa de Galicia.



Nun primeiro golpe de vista, a composición presenta unha temática clara de corte infantil, adaptándose ao lugar no que está situado, cunha estética colorista moi próxima ao comic ou as ilustracións para nenos...



Pero se nos fixamos millor a temática parece agochar tras de si un segundo significado implícito.. que podería ser, a representación dese inmenso parque de atraccións no que vivimos, governados polo poder do diñeiro, no que todos nos vemos subidos neste carrusel viaxando a toda velocidade, nun tren sen tripulante ao que non lle importa o máis mínimo onde vaiamos a parar..







Podería ser, entón, esa inmensa broma, esa tomadura de pelo que non é o outra que a realidade da sociedade capitalista neoliberal, que nos arrastra neste mundo cobizoso e irreponsable.





Supoñemos que os nenos que xogan neste parque non se pararán a pensar todo isto que dicimos... Por desgracia, algún día.. seguramente non lles quede outro remedio..

--------------------------------------

Texto en castellano:

NANA
Santiago de Compostela, 1983.

Su afición por el dibujo le viene de niña.. Ya con solo 10 añitos hacía sus primeros cuadros a óleo interesándose por el expresionismo de las vanguardias.. Quizás sería más lógico que fuese por el Art Brut.. pero no.. Llegada la adolescencia su camino pasa por estudiar Joyería Artística en la Escuela Superior de Arte y Diseño Mestre Mateo en Compostela, lo cual le llevaría a trabajar durante un tiempo en este sector.
En el 2006 despierta su interés por el graffiti y el arte mural y empieza a pintar en la calle, poco a poco va aprendiendo la técnica y deja su impronta en los paisajes urbanos de lugares como Compostela, A Coruña, Ordes, Lisboa o Madrid.
Al mismo tiempo estudia Ilustración en la Escuela Superior de Arte y Diseño Pablo Picasso, en A Coruña y su trabajo artístico se intensifíca cada vez más. Participa en varias exhibiciones y festivales de arte urbano como MAD Poster Art(Festival Internacional de Poster Art de Madrid), o DesOrdes Creativas 2009 y 2010, Compostela Skate 2010. Además de esto comienza a aplicar su trabajo gráfico a otros soportes como el textil, personalizando ropa y complementos(camisetas, gorras, zapatillas,etc…) con su particular estilo y participa también en algunos eventos de esta índole como Customize Sessions 1 (Cultura Urbana Shop).

Hoy en día, ha llegado a un estilo muy persoal que se reconoce a primera vista. Su imaginario gráfico te lleva de viaje por un mundo de fábula en el que animales, mounstruos, bichos y bonitas niñas con mirada de adulto, cohabitan jugando juntos en este mundo gris.

NASH
Rianxo, 1989

Es el participante más joven de esta edición del festival, pero para nada por eso menos que el resto... es más, Nash nos sorprende año tras año a todos con su talento natural y las capacidades que va adquiriendo a ritmo de vértigo.
Es el cuarto año consecutivo que participa en el DesOrdes Creativas y este año una vez más, como podreis ver, podemos decir que se ha superado
Su afición por las artes plásticas es prematura, ya en su Rianxo natal asiste a clases de dibujo, comic y pintura desde muy pequeño, lo cual se nota en su versatilidad para tocar distintos estilos y técnicas.
Fué con su llegada a Santiago de Compostela en 2006 cuando se acelera su andadura en el mundo del graffiti. Conoce a otros escritores, poco después se produce la formación de la crew Comi2 (de la que forma parte activa) y el sucesivo incremento de su presencia en las calles de Santiago y otros lugares de Galicia. Un tiempo más tarde estudia ilustración en la Escuela Superior de Arte y Diseño Pablo Picasso de A Coruña, lo que le influenciará notablemente en su trabajo.. La ilustración, el comic, graffiti, stencil, tipografía, el diseño gráfico, confluén a partir de aquí dando forma a un estilo cada vez más personal.

En los últimos no ha parado de moverse y pintar allí donde estuvo, podemos ver obras de este rianxeiro en las calles de A Coruña, Santiago, Barcelona, Madrid, Córdoba, Vigo, Ordes. Por otro lado fué finalista del certamen GZ Crea en la modalidad de graffiti, participó en exhibiciones y festivales de arte urbano como Eutopía Festival(Córdoba), El graffiti más largo del Mundo ( Madrid), Compostela Skate (Santiago), DesOrdes Creativas, Revoltosa Rock (Oroso, A Coruña), Festival Trincadeira ( Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) y su trabajo ha sido publicado en algunos medios escritos como “Los principales nombres del graffiti español” (Editoria Luwnberg) o la revista HipHopNation.

NASH, NANA & SOKRAM : "LA ATRACCIÓN FATAL"

Nash, Nana y Sokram, decidieron formar un trío de baile en esta disco-tasca de colores y formas para desarrollar este mural de grandes dimensiones, que ocupa la pared lateral del parque infantil situado en la calle de Galicia.
En un primer vistazo, la composición presenta una temática clara de corte infantil, adaptándose al lugar en el que está situado, con una estética colorista muy próxima al comic o a las ilustraciones para niños..
Pero si nos fijamos un poco más la temática parece esconder tras de si un segundo significado implícito.. que podría ser, la representación de ese inmenso parque de atracciones en el que vivimos, governados por el poder del dinero, en el que todos nos vemos subidos en este carrusel viajando a toda velocidad, en un tren sin tripulante al que no le importa lo más mínimo donde vallamos a parar..
Podría ser, entonces, esa inmensa broma, esa gran tomadura de pelo que no es otra que la realidad de la sociedad capitalista neoliberal, que nos arrastra en este mundo avaricioso e irreponsable.
Suponemos que los niños que juegan en este parque no se pararán a pensar todo esto que decimos... Por desgracia, algún día.. seguramente no les quede otro remedio..

DESORDES CREATIVAS 2011: PERI. "Dióxenes"

PERI. Pinura antiurbana.
Vigo, 1983.



Aínda que a súa formación académica se dirixíu cara materias non moi habituais nun artista urbano, él é licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela(orientación de astronomía), quizais ésto teña algo ou moito que ver na xeración do peculiar imaxinario gráfico que presenta a súa obra..



Comezou, como moitos de nos, pintando o seu nome nas rúas de Vigo, tags e pezas acaparaban a súa atención alá polo 99, e foi un pouco máis adiante, sobre o 2004, cando deixou de lado a tipografía pra plasmar os debuxos e ideas que gardaba o seu caderno ata desenrolar o estilo que hoxe en día podemos ver nos seus murais.



Critico, simbolista, xeométrico, e con influencias surrealistas. Nos seus murais e cadros mestúranse a observación do seu entorno e o seu mundo interior... Predomina a crítica con esta sociedade e o mundo industrializado, e a miúdo ésto fusionase cas súas vivencias personais, que radican en atmósferas un tanto oníricas nas que cada elemento cobra un novo significado en relación a aquelo ao que fai referencia.



Nos últimos anos expuxo en diversas galerías e participou en eventos relacionados co graffiti e a arte urbana como por exemplo o Festival Vigo Transforma, Festival “Arte en Predicado” (La Laguna), Galería Vorágine (Avilés), Facultad de Bellas Artes (Pontevedra), Galería O Gato Cósmico (Santiago de Compostela), Exhibición de graffiti “Intercontracultura” (Porriño) ou o noso festival DesOrdes Creativas na súa edición de 2009.

En canto a edición en papel, a súa obra foi difundida en varias publicacións como “Los nombres esenciales del graffiti español”(Editorial Lunwerg), foi portada do boletín DOT Magazine, e ademáis realizou varias colaboracións pra revistas como Cuarto&Mitad ou SignMagazine.



"Dióxenes".



Nesta obra Peri fálanos de como imos utilizando diversas caretas ao longo da nosa vida para non amosar os nosos verdadeiros sentimentos ou estados de animo.



Estas caretas amoréanse ao noso arredor impedindo que poidamos chegar a ser realmente libres....e mostrarnos como realmente somos..



Asi, pouco a pouco vai medrando no noso interior unha árbore de desesperanzas sen darnos conta, facendo que aumente o perigo de rematar por esquecer o noso verdadeiro interior, que máis tarde ou máis cedo rematará por marchar voando coma se dun paxaro se tratase...



En definitiva, o autor afonda na problemática de que, non amosarnos como realmente somos, é deixar de selo...



Blog de Peri aquí

---------------------------------------------
Texto en castellano:

PERI
Vigo, 1983.

Aunque su formación académica se ha dirigido hacia materias no muy habituales en un artista urbano, es licenciado en Matemáticas por la Universidad de Santiago de Compostela(orientación de astronomía), quizás ésto tenga algo o mucho que ver en la generación del peculiar imaginario gráfico que presenta su obra..
Comenzó, como muchos de nosotros, pintando su nombre en las calles de Vigo, tags y piezas acaparaban su atención allá por el 99, y fué un poco más adelante, sobre el 2004, cuando dejó de lado la tipografía para plasmar los dibujos e ideas que guardaban su libreta hasta desarrollar el estilo que hoy día podemos ver en sus murales.

Critico, simbolista, geométrico, y con influencias surrealistas. En sus murales y cuadros se entremezclan la observación de su entorno y su mundo interior... Predomina la crítica con esta sociedad y el mundo industrializado, y a menudo esto se fusiona con sus vivencias personales que radican en atmósferas un tanto oníricas, en las que cada elemento cobra un nuevo significado acorde a aquello a lo que hace referencia.

En los últimos años ha expuesto en diversas galerías y participado en eventos relacionados con el graffiti y el arte urbano como por ejemplo el Festival Vigo Transforma, Festival “Arte en Predicado” (La Laguna), Galería Vorágine (Avilés), Facultad de Bellas Artes (Pontevedra), Galería O Gato Cósmico (Santiago de Compostela), Exhibición de graffiti “Intercontracultura” (Porriño) o nuestro festival DesOrdes Creativas en su edición del 2009.

En cuanto a edición en papel, su obra ha sido difundida en varias publicaciones como “Los nombres esenciales del graffiti español”(Editorial Lunwerg), ha sido portada de la revista DOT Magazine, y ha realizado varias colaboraciones para revistas como Cuarto&Mitad o SignMagazine.


"Diógenes"


En esta obra Peri nos habla de como vamos utilizando diversas caretas a lo largo da nuestra vida para no mostrar nuestros verdaderos sentimentos o estados de animo.
Estas caretas se amontonan a nuestro alrrededor impidiendo que podamos llegar a ser realmente libres....y mostrarnos como realmente somos...
Asi, poco a poco va creciendo en nuestro interior un árbol de desesperanzas sin darnos cuenta, haciendo que aumente el peligro de que acabemos por olvidar nuestro verdadero interior, que tarde o temprano acabará por marcharse volando como si de un pajaro se tratase...
En definitiva, el autor ahonda en la problemática de que, no mostrarnos como realmente somos, es dejar de serlo...

Blog de Peri aquí

DESORDES CREATIVAS 2011: PELUCAS & RIGAL

PELUCAS ( a.k.a Pels, a.k.a. Pilas)
Vigo, 1980.




É sen dúbida algunha para moitos unha das figuras influíntes e con maior personalidade dentro da escea da arte urbana estatal. Xunto co seu irmán xemelgo Liqen e outros artistas como Nano 4814 (o seu amigodeVigo e compañeiro de pinturas en moitas ocasións), podemos dicir que é un dos artistas urbanos galegos máis respetados e recoñecidos a nivel internacional.



Gran coñecedor do debuxo, a liña e a cor, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Pontevedra, membro de revistas como Solotroles, Tronquis.. e de variopintos colectivos artísticos como
Los niños especialitos, Travismo, VSC, Hipoeructo, Billete de 500, desenrolou a súa arte na supervivencia da total independencia dominando múltiples disciplinas artísticas ademáis do graffiti e a pintura mural: ilustración, escultura, instalación, deformance, serigrafía, video creación, etc..





Tras unha longa traxectoria pintando por todo o mundo nas rúas de cidades como Madrid, Barcelona, Hamburgo, Berlín, Tokio ou Londres; de expoñer en museos e galerías de arte como MARCO, Museo de arte contemporánea (Vigo), Galería Subaquática (Madrid), Dote Galerie (París), Stolen Space Gallery (Londres), Poulsen Gallery (Copenhague) ou Galería Limited (Milán); de ter participado en múltiples eventos e exhibicións de graffiti e arte mural como Hipnotik Festival (Barcelona), Festival Arte Bastardo ( Trento, Italia), CaldArte ( Caldas de Reis, Pontevedra) ou Extreme Painting Sessions (Squ,art - Berlín) e de aparecer en diversas publicacións como “Street Logos” de Tristan Manco(Editorial Thame and Hudson), Revista Serie B ou o fanzine Fried Green Tomatoes; ten máis que acadado un estilo único e persoal, basta cun golpe de vista pra saber que é él quén está detrás dun mural seu..


Co seu persoal estilo fauvista e tropical, crea múltiples mundos surreais pragados de psicotrópicas personaxes, que paradoxicamente, nos levan a universos oníricos moi reais e cercanos. O seu humor vacilón, sarcástico e absurdo, cheo de sorna e dobres sentidos, deixa entrever significados profundos e críticos sobre o mundo que nos rodea ao mesmo tempo que nos fai rir e comprender o estúpidos que podemos chegar a ser.. .
O seu dobre aprezo polo abstracto e o figurativo, o seu particular dominio da cor, á par que o seu gusto polas dobres imáxes e os trampantollos, fai que a súa arte sexa complexa e divertida ao mesmo tempo, ironica e seria. Chanado y desenfadado, como él podería dicir...



----------------------------------

RIGAL (a.k.a El Raigal, a.k.a. NanVaz, a.k.a. Atam Ramuf)
Nando Vázquez, A Coruña, 1982.



De formación autodidacta e tal vez académica... ,fixo Belas Artes a un tempo que o seu plurinihilista compañeiro de batallas Pelucas (de feito coñecéronse estudando xuntos na facultade de Pontevedra) e titulado previamente tamén en imaxen audiovisual (é técnico superior en Imaxen pola I.E.S. de A Coruña). Rigal centra o seu traballo principalmente na ilustración e na creación de obra gráfica, ben sexa de xeito totalmente artesanal respetando os nobles valores do pincel, o lápiz, o rotulador e a pluma, ben combinando éstes cos seus expertos coñecementos doutras técnicas como a serigrafía, ferramentas de software como Photoshop, Illustrator, etc..



A súa obra é figurativa e complexa, bizarra, con tintes do heavy metal e do comic underground americano dos 60-70, as súas personaxes parecen chegadas doutros planetas ou outras dimensións paralelas cheas de vida e de cor, agochando tralo seu sorriso , un reflexo da humanidade máis enferma, da destrución, do formigón, do absurdo e a impotencia que nos caracteriza.



Ten colaborado en diversos colectivos como as publicacións "Solo troles", "Rizar el Rizoma", "Carne Liquida", "Chilli com carne ediciones" e realizou exposicións como "Distubing Metods 00" (BCN), “Extruja 2011”(MAD.), “A mula ruge” (PORT.),"Casus Belli" (SantiagoDC).

Batalla habitualmente por medio de pequenos eventos expositivo-festivos, con matices de feira-mercadillo; a modo de sustento economico-mercantil.......Algúns exemplos son "Expotunin 2000";"Tristezas";"Exporigal"; "ex.popi.tuni"



Estes dous fenómenos reuníronse uns días en Ordes pra desfrutar do momento e plasmar fauvista e libremente...






É a improvisación, o tirar liñas, o traballo en proceso e a dúo e a expulsión autómata de ideas enclaustradas no ideal colectivo e individual o que caracteriza a esta nova creación destes dous fortes e expertos personaxes relegados ao nome de " Billete de 500".



















Texto en castellano:

PELUCAS vs RIGAL:


PELUCAS
( a.k.a Pels, a.k.a. Pilas)
Vigo, 1980.

Es sin duda alguna para muchos una de las figuras influyentes y con mayor personalidad dentro de la escena del arte urbano estatal. Junto con su hermano gemelo Liqen y otros artistas como Nano 4814 (su amigodeVigo y compañero de pinturas en muchas ocasiones), podemos decir que es uno de los artistas urbanos gallegos más respetados y reconocidos a nivel internacional.

Gran conocedor del dibujo, la linea y el color, licenciado en Bellas Artes por la Universidad de Pontevedra, miembro de revistas como Solotroles, Tronquis.. y de variopintos colectivos artísticos como Los niños especialitos, Travismo, VSC, Hipoeructo, Billete de 500, ha desarrollado su arte en la supervivencia de la total independencia dominando múltiples disciplinas artísticas además del graffiti y la pintura mural: ilustración, escultura, instalación, deformance, serigrafía, video creación, etc..


Tras una larga trayectoria pintando por todo el mundo en las calles de ciudades como Madrid, Barcelona, Hamburgo, Berlín, Tokio o Londres;
de haber expuesto en museos y galerías de arte como MARCO, Museo de arte contemporáneo (Vigo), Galería Subaquática (Madrid), Dote Galerie (Paris), Stolen Space Gallery (Londres), Poulsen Gallery (Copenhague) o Galería Limited (Milan); de haber participado en múltiples eventos y exhibiciones de graffiti y arte mural como Hipnotik Festival (Barcelona), Festival Arte Bastardo ( Trento, Italia), CaldArte ( Caldas de Reis, Pontevedra) o Extreme Painting Sessions (Squ,art - Berlín) y de aparecer en diversas publicaciones como “Street Logos” de Tristan Manco(Editorial Thame and Hudson), Revista Serie B o el fanzine Fried Green Tomatoes; ha desarrollado un estilo único y personal, basta con un golpe de vista para saber que es él quién está detrás de un mural suyo..

Con su personal estilo fauvista y tropical, ha creado múltiples mundos surreales plagados de psicotrópicos personajes, que paradojicamente, nos acercan a universos oníricos muy reales y cercanos. Su humor vacilón, sarcástico y absurdo, plagado de sorna y dobles sentidos, deja entrever significados profundos y críticos sobre el mundo que nos rodea a la vez que nos hace reir y comprender lo estúpidos que podemos llegar a ser.. .
Su doble aprecio por lo abstracto y lo figurativo, su particular dominio del color, a la par que su gusto por las dobles imágenes y los trampantojos, hace que su arte sea complejo y divertido al mismo tiempo, ironico y serio. Chanado y desenfadado, como él podría decir...

---------------------------------------------------------------------

RIGAL (a.k.a El Raigal, a.k.a. NanVaz, a.k.a. Atam Ramuf)
Nando Vázquez, A Coruña, 1982.

De formación autodidacta y a la vez académica, hizo Bellas Artes a la par que su plurinihilista compañero Pelucas (de hecho se conocieron estudiando juntos en la facultad de Pontevedra) y titulado previamente también en imagen audiovisual (es técnico superior en Imagen por la I.E.S. de A Coruña). Rigal centra su trabajo principalmente en la ilustración, bien sea de manera totalmente artesanal respetando los nobles valores del pincel, el lápiz, el rotulador y la pluma, bien combinando éstos con sus expertos conocimientos de otras técnicas como la serigrafía, herramientas de software como Photoshop, Illustrator, etc..
Su obra es figurativa y compleja, bizarra, con tintes de heavy metal y del comic underground americano de los 60-70, sus personajes parecen llegados de otros planetas u otras dimensiones paralelas llenas de vida y color, que ocultan, tras su sonrisa , un reflejo de la humanidad más enferma, de la destrucción, del hormigón, del absurdo y la impotencia que nos caracteriza.

Ha colaborado en diversos colectivos como las publicaciones "Solo troles", "Rizar el Rizoma", "Carne Liquida", "Chilli com carne ediciones" y realizado exposiciones como "Distubing Metods 00" (BCN), “Extruja 2011”(MAD.), “A mula ruge” (PORT.),"Casus Belli" (SDC).
Batalla habitualmente por medio de pequeños eventos expositivo-festivos, con matices de feria-mercadillo; como modo de sustento economico-mercantil.......Algúns exemplos son "Expotunin 2000";"Tristezas";"Exporigal"; "ex.popi.tuni"

Estos dos fenómenos se han reunido unos dias en Ordes para disfrutar del momento y plasmar fauvista y libremente... Es la improvisacion, el tirar lineas, el trabajo en proceso y a duo y la expulsion automata de ideas enclaustradas en el ideal colectivo e individual lo que caracteriza a esta nueva creación de estos dos fuertes y expertos personajes relegados al nombre de " Billete de 500".