martes, 6 de septiembre de 2011

DESORDES CREATIVAS 2011: PELUCAS & RIGAL

PELUCAS ( a.k.a Pels, a.k.a. Pilas)
Vigo, 1980.




É sen dúbida algunha para moitos unha das figuras influíntes e con maior personalidade dentro da escea da arte urbana estatal. Xunto co seu irmán xemelgo Liqen e outros artistas como Nano 4814 (o seu amigodeVigo e compañeiro de pinturas en moitas ocasións), podemos dicir que é un dos artistas urbanos galegos máis respetados e recoñecidos a nivel internacional.



Gran coñecedor do debuxo, a liña e a cor, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Pontevedra, membro de revistas como Solotroles, Tronquis.. e de variopintos colectivos artísticos como
Los niños especialitos, Travismo, VSC, Hipoeructo, Billete de 500, desenrolou a súa arte na supervivencia da total independencia dominando múltiples disciplinas artísticas ademáis do graffiti e a pintura mural: ilustración, escultura, instalación, deformance, serigrafía, video creación, etc..





Tras unha longa traxectoria pintando por todo o mundo nas rúas de cidades como Madrid, Barcelona, Hamburgo, Berlín, Tokio ou Londres; de expoñer en museos e galerías de arte como MARCO, Museo de arte contemporánea (Vigo), Galería Subaquática (Madrid), Dote Galerie (París), Stolen Space Gallery (Londres), Poulsen Gallery (Copenhague) ou Galería Limited (Milán); de ter participado en múltiples eventos e exhibicións de graffiti e arte mural como Hipnotik Festival (Barcelona), Festival Arte Bastardo ( Trento, Italia), CaldArte ( Caldas de Reis, Pontevedra) ou Extreme Painting Sessions (Squ,art - Berlín) e de aparecer en diversas publicacións como “Street Logos” de Tristan Manco(Editorial Thame and Hudson), Revista Serie B ou o fanzine Fried Green Tomatoes; ten máis que acadado un estilo único e persoal, basta cun golpe de vista pra saber que é él quén está detrás dun mural seu..


Co seu persoal estilo fauvista e tropical, crea múltiples mundos surreais pragados de psicotrópicas personaxes, que paradoxicamente, nos levan a universos oníricos moi reais e cercanos. O seu humor vacilón, sarcástico e absurdo, cheo de sorna e dobres sentidos, deixa entrever significados profundos e críticos sobre o mundo que nos rodea ao mesmo tempo que nos fai rir e comprender o estúpidos que podemos chegar a ser.. .
O seu dobre aprezo polo abstracto e o figurativo, o seu particular dominio da cor, á par que o seu gusto polas dobres imáxes e os trampantollos, fai que a súa arte sexa complexa e divertida ao mesmo tempo, ironica e seria. Chanado y desenfadado, como él podería dicir...



----------------------------------

RIGAL (a.k.a El Raigal, a.k.a. NanVaz, a.k.a. Atam Ramuf)
Nando Vázquez, A Coruña, 1982.



De formación autodidacta e tal vez académica... ,fixo Belas Artes a un tempo que o seu plurinihilista compañeiro de batallas Pelucas (de feito coñecéronse estudando xuntos na facultade de Pontevedra) e titulado previamente tamén en imaxen audiovisual (é técnico superior en Imaxen pola I.E.S. de A Coruña). Rigal centra o seu traballo principalmente na ilustración e na creación de obra gráfica, ben sexa de xeito totalmente artesanal respetando os nobles valores do pincel, o lápiz, o rotulador e a pluma, ben combinando éstes cos seus expertos coñecementos doutras técnicas como a serigrafía, ferramentas de software como Photoshop, Illustrator, etc..



A súa obra é figurativa e complexa, bizarra, con tintes do heavy metal e do comic underground americano dos 60-70, as súas personaxes parecen chegadas doutros planetas ou outras dimensións paralelas cheas de vida e de cor, agochando tralo seu sorriso , un reflexo da humanidade máis enferma, da destrución, do formigón, do absurdo e a impotencia que nos caracteriza.



Ten colaborado en diversos colectivos como as publicacións "Solo troles", "Rizar el Rizoma", "Carne Liquida", "Chilli com carne ediciones" e realizou exposicións como "Distubing Metods 00" (BCN), “Extruja 2011”(MAD.), “A mula ruge” (PORT.),"Casus Belli" (SantiagoDC).

Batalla habitualmente por medio de pequenos eventos expositivo-festivos, con matices de feira-mercadillo; a modo de sustento economico-mercantil.......Algúns exemplos son "Expotunin 2000";"Tristezas";"Exporigal"; "ex.popi.tuni"



Estes dous fenómenos reuníronse uns días en Ordes pra desfrutar do momento e plasmar fauvista e libremente...






É a improvisación, o tirar liñas, o traballo en proceso e a dúo e a expulsión autómata de ideas enclaustradas no ideal colectivo e individual o que caracteriza a esta nova creación destes dous fortes e expertos personaxes relegados ao nome de " Billete de 500".



















Texto en castellano:

PELUCAS vs RIGAL:


PELUCAS
( a.k.a Pels, a.k.a. Pilas)
Vigo, 1980.

Es sin duda alguna para muchos una de las figuras influyentes y con mayor personalidad dentro de la escena del arte urbano estatal. Junto con su hermano gemelo Liqen y otros artistas como Nano 4814 (su amigodeVigo y compañero de pinturas en muchas ocasiones), podemos decir que es uno de los artistas urbanos gallegos más respetados y reconocidos a nivel internacional.

Gran conocedor del dibujo, la linea y el color, licenciado en Bellas Artes por la Universidad de Pontevedra, miembro de revistas como Solotroles, Tronquis.. y de variopintos colectivos artísticos como Los niños especialitos, Travismo, VSC, Hipoeructo, Billete de 500, ha desarrollado su arte en la supervivencia de la total independencia dominando múltiples disciplinas artísticas además del graffiti y la pintura mural: ilustración, escultura, instalación, deformance, serigrafía, video creación, etc..


Tras una larga trayectoria pintando por todo el mundo en las calles de ciudades como Madrid, Barcelona, Hamburgo, Berlín, Tokio o Londres;
de haber expuesto en museos y galerías de arte como MARCO, Museo de arte contemporáneo (Vigo), Galería Subaquática (Madrid), Dote Galerie (Paris), Stolen Space Gallery (Londres), Poulsen Gallery (Copenhague) o Galería Limited (Milan); de haber participado en múltiples eventos y exhibiciones de graffiti y arte mural como Hipnotik Festival (Barcelona), Festival Arte Bastardo ( Trento, Italia), CaldArte ( Caldas de Reis, Pontevedra) o Extreme Painting Sessions (Squ,art - Berlín) y de aparecer en diversas publicaciones como “Street Logos” de Tristan Manco(Editorial Thame and Hudson), Revista Serie B o el fanzine Fried Green Tomatoes; ha desarrollado un estilo único y personal, basta con un golpe de vista para saber que es él quién está detrás de un mural suyo..

Con su personal estilo fauvista y tropical, ha creado múltiples mundos surreales plagados de psicotrópicos personajes, que paradojicamente, nos acercan a universos oníricos muy reales y cercanos. Su humor vacilón, sarcástico y absurdo, plagado de sorna y dobles sentidos, deja entrever significados profundos y críticos sobre el mundo que nos rodea a la vez que nos hace reir y comprender lo estúpidos que podemos llegar a ser.. .
Su doble aprecio por lo abstracto y lo figurativo, su particular dominio del color, a la par que su gusto por las dobles imágenes y los trampantojos, hace que su arte sea complejo y divertido al mismo tiempo, ironico y serio. Chanado y desenfadado, como él podría decir...

---------------------------------------------------------------------

RIGAL (a.k.a El Raigal, a.k.a. NanVaz, a.k.a. Atam Ramuf)
Nando Vázquez, A Coruña, 1982.

De formación autodidacta y a la vez académica, hizo Bellas Artes a la par que su plurinihilista compañero Pelucas (de hecho se conocieron estudiando juntos en la facultad de Pontevedra) y titulado previamente también en imagen audiovisual (es técnico superior en Imagen por la I.E.S. de A Coruña). Rigal centra su trabajo principalmente en la ilustración, bien sea de manera totalmente artesanal respetando los nobles valores del pincel, el lápiz, el rotulador y la pluma, bien combinando éstos con sus expertos conocimientos de otras técnicas como la serigrafía, herramientas de software como Photoshop, Illustrator, etc..
Su obra es figurativa y compleja, bizarra, con tintes de heavy metal y del comic underground americano de los 60-70, sus personajes parecen llegados de otros planetas u otras dimensiones paralelas llenas de vida y color, que ocultan, tras su sonrisa , un reflejo de la humanidad más enferma, de la destrucción, del hormigón, del absurdo y la impotencia que nos caracteriza.

Ha colaborado en diversos colectivos como las publicaciones "Solo troles", "Rizar el Rizoma", "Carne Liquida", "Chilli com carne ediciones" y realizado exposiciones como "Distubing Metods 00" (BCN), “Extruja 2011”(MAD.), “A mula ruge” (PORT.),"Casus Belli" (SDC).
Batalla habitualmente por medio de pequeños eventos expositivo-festivos, con matices de feria-mercadillo; como modo de sustento economico-mercantil.......Algúns exemplos son "Expotunin 2000";"Tristezas";"Exporigal"; "ex.popi.tuni"

Estos dos fenómenos se han reunido unos dias en Ordes para disfrutar del momento y plasmar fauvista y libremente... Es la improvisacion, el tirar lineas, el trabajo en proceso y a duo y la expulsion automata de ideas enclaustradas en el ideal colectivo e individual lo que caracteriza a esta nueva creación de estos dos fuertes y expertos personajes relegados al nombre de " Billete de 500".






No hay comentarios:

Publicar un comentario