lunes, 7 de marzo de 2016

INO no DESORDES 2015

V. Galego:

Artista: INO
Título:"Roaming In Paradise"
Situación: Avenida IES Maruxa Mallo, Ordes.

O recoñecido artista grego chegou dende a súa Atenas natal pra aportar a súa particular vision ao noso DesOrdes colectivo. 

"Roaming in Paradise" está emprazada nun dos muros principais do Instituto Maruxa Mallo e engádese á lista de obras que xa contén o recinto escolar, realizadas en anteriores edicións do festival.

Dende un claro punto de vista irónico, INO amósanos unha estampa na que albiscamos un Poseidón que se parte inevitablemente en dous ao facerse un selfie.

 Cunha retranca que ben podía pasar por galego, o ateniense fainos reflexionar sobre presente e futuro neste mundo no que importa máis amosar que estiveches que desfrutar do feito de estar… Un lugar onde ata os deuses se despreocupan dos seus fieis, moito máis atentos do seu propio pelexo, e de subilo a instagram claro.

Máis traballos en:

Fotos por:
 Ino & Mutante Creativo.

..........................................


V. English:

Artist: INO
Title:"Roaming In Paradise"
Venue: IES Maruxa Mallo, Ordes.


The famous Greek artist came from his native Athens to contribute his unique vision to our collective disorder.


"Roaming in Paradise" is located on one of the main walls of Maruxa Mallo High School and it is added to the list of works that the school grounds already have (made in previous editions of the festival)

From a clear ironic view , INO shows us a picture which depicts Poseidon inevitably splitting in two while taking a selfie.


With sarcasm that could make him pass himself off as a Galician, the Athenian makes us think about the present and the future in this world where it is most important to show that you've been rather than enjoying the fact of being ... A place where even gods are neglectful of the faithful, much more attentive to their own skin and, of course, uploading their selfie to Instagram.


More works:

Pictures by:










No hay comentarios:

Publicar un comentario