Mostrando entradas con la etiqueta urban art. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta urban art. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de agosto de 2022

MR. SORTWO

 



MR. SORTWO
(Euskadi)

Mr.sor2 naceu e creceu nun pequeno pobo do País Vasco. Atraído pola arte na rúa do seu vecindario comezou a pintar graffiti á temprana idade de 12 anos, convertíndose no seu modo de vida. Traballa con gran variedade de métodos, nunca limitando a súa imaxinación mediante un particular estilo que crea detalladas pinturas surrealistas entre o figurativo e a abstración, o cal o leva a participar en multitude de Festivais de Street Art por todo o mundo.
O seu obxetivo é tender unha ponte entre o real e o irreal, o natural e o antinatural, fusionar a beleza co sublime.






Máis info:

GR170

 


GR170
(Cataluña)

GR170 é un artista activo da movida do streetart en Barcelona e membro do colectivo Mixed Media (xunto con Aryz, Rostro, Poseydon, Kikx e RGTD). GR170 leva pintando na rúa dende principios do 2000 e no seu traballo destaca a menudo a presenza de personaxes de estética infantil e hipercolorista. As súas cores vibrantes e trazos negros e grosos fan que os seus grandes murais capten a atención dende a distancia e atrapen a mirada do espectador grazas á cantidade de detalles das súas composicións. Empezou a debuxar iconas simples ao redor da cidade de Barcelona como mans e peixes e fixo algunhas etiquetas dunha cara coa boca aberta, o que lle dou o nome: “Grito”.







Máis info:



ELISA CAPDEVILA

 


ELISA CAPDEVILA 
(Cataluña)

A súa carreira artística comenzou en 2014 estudando pintura e debuxo na escola tradicional de Barcelona. Nesa época pinta os seus primeiros murais, ao comezo como un simple exercicio onde o lenzo foi reemprazado por unha parede, co tempo dase conta das súas posibilidades e decide enfocar o seu traballo en proxectos a gran escala.
Dende 2017, traballa activamente en festivais de arte urbana e desenvolvendo grandes murais tanto a nivel nacional como internacional, sen deixar de lado o traballo de estudio e persoal en lenzo.
Dende un estilo clásico, Interésase principalmente polos temas humanos que investiga dende unha perspectiva figurativa, poñendo especial atención na armonía cromática conseguindo atmósferas evocadoras e vibrantes.
Pronto desfrutaremos dunha das súas obras nas nosas rúas, atenas!!






Máis info:



martes, 9 de agosto de 2022

DESORDES 2022

 

⚡⚡DESORDES 2022 / 15ª edición⚡⚡
Chega a 15ª edición do DesOrdes!! Será do 15 ao 24 de agosto con estxs 5 grandes artistas e algunha que outra sorpresa máis! Estade atentxs ás nosas redes! Vémonos prontiño nas rúas de Ordes!
____
Deseño de cartel, dirección, producción e comisariado:
____
Organiza:
____
Cofinancia:
____
Patrocinan:


lunes, 7 de septiembre de 2020

MAZ // DESORDES CREATIVAS 2020

Galego:

Mural de MAZ no DesOrdes Creativas 2020.

En palabras do artista:
“Cortinas de fume e indixestións medioambientais nun escenario onde a industria sálvanos da industria promocionando os puntos febles coma éxitos futuribles”
Un mural moi necesario nunha comarca máis que foi, é, e pretenden que siga sendo un TERRITORIO DE SACRIFICIO. Onde as industrias contaminantes (minería, eléctrointensivas, incineradoras…) campan ás súas anchas co beneplácito das elites e os poderes fácticos mentres a veciñanza clama ao ceo por enésima vez que nos deixen vivir sans e en paz, sen deteriorar a calidade de vida da comarca e a saúde dos seus habitantes.
AIRE, AUGA E TERRA LIMPAS!!
Máis info en @salvemosacomarcadeordes



//////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////


Castellano:

Mural de MAZ en el DesOrdes Creativas 2020.

En palabras del artista:
“Cortinas de humo e indigestiones medioambientales en un escenario donde la industria nos salva de la industria promocionando los puntos débiles como éxitos futuribles”
Un mural muy necesario en una comarca más que fué, es y pretenden que siga siendo un TERRITORIO DE SACRIFICIO. Donde las industrias contaminantes (minería, electrointensivas, incineración…) campan a sus anchas con el beneplácito de las élites y los poderes fácticos mientas los vecinos claman al cielo por enésima vez que nos dejen vivir sanos y en paz, sin deteriorar la calidad de vida de la comarca y la salud de sus habitantes.
AIRE, AUGA E TERRA LIMPAS!!
Máis info en @salvemosacomarcadeordes

----------

Fotos por: A.L.CREGO
Curado por
Mutante Creativo

----------


----------

Situación: Merelle nº 17, Ordes.













 

miércoles, 5 de agosto de 2020

MØU (Artistas convidadxs)



Seguimos coas presentacións e chega o turno pra o convidado da casa! 💚 👉 Mou!!!
Membro de Mutante Creativo e unha das patas deste festival!

Gal:
MØU ( Mou )
Artista multidisciplinar ao cal marca a súa carreira profesional o deseño gráfico, a música e o muralismo, así como a súa faceta de co-director e comisario en eventos como o Rexenera Fest de Carballo, o Cromático de Cambre, Contemporánea Fest de Compostela ou o propio DesOrdes Creativas.
A súa infancia estivo marcada polo debuxo, de forma natural, personaxes das series de animación enchían as súas libretas, e pouco a pouco asomouse ao mundo da banda deseñada. É titulado en gráfica publicitaria na escola Pablo Picasso da Coruña, de aí a influencia do deseño gráfico na súa obra, creando un estilo onde predomina unha paleta de cor reducida e moi desaturada e onde traballa os volumes a través das formas planas, todo reforzado cunha liña persistente e limpa. Nos seus murais adáptase ao que lle suxire cada lugar, bebendo da súa historia ou dos seus relatos.
————
Cast:
MØU ( Mou )
Artista multidisciplinar con una carrera marcada por el diseño gráfico, la música y el muralismo, además de su faceta como co-director y comisario en en eventos de arte urbana como el Rexenera Fest (Carballo), Cromático (Cambre), Contemporánea (Compostela) o el propio DesOrdes Creativas.
Su infancia estuvo marcada por el dibujo de forma muy natural, personajes de series de animación llenaban sus libretas y poco a poco se fué asomando al mundo del cómic.
Titulado en gráfica publicitaria por la escuela Pablo Picasso de A Coruña, de ahí su influencia del diseño en su obra, crea un estilo donde predomina una paleta de color reducida y muy desaturada, creando volúmenes a través de formas planas, todo reforzado con una línea persistente y limpia.







CINTA VIDAL (Artistas Convidadxs)



Seguimos coas presentacións! É a quenda da artista catalá Cinta Vidal Que nos traerá a súa particular desorde a este DesOrdes 2020! 🌈💥
///////////
Seguimos con las presentaciones! Y es el turno de la artista catalana Cinta Vidal! Que nos traerá su particular desorden a este DesOrdes 2020! 

Gal: 
«Compartimos espazos pero vivímolos de forma diferente»
Cinta Vidal fórmase na Escola de Massana de Barcelona e a idade moi temperá comeza a traballar no Taller de Escenografía Castells, un dos máis prestixiosos no seu eido, onde co paso dos anos adquire a súa pincelada precisa e o gusto polo detalle.
Na súa serie de traballos persiste na representación dunha inconexión co mundo que nos rodea e esta realidade paralela reflíctese suprimindo a dimensión gravitatoria. A súa obra é unha reflexión sobre a orde e desorde dos elementos, dos mundos, dos obxectos e das ideas. Historias que conviven sen chegar a cruzarse.
«É un desafío a entender este equilibrio desequilibrante»
———-
Cast:
«Compartimos espacios pero los vivimos de forma diferente»
Cinta Vidal se forma en la Escuela de Massana de Barcelona y a una edad muy temprana comienza a trabajar en el taller de escenografía Castells, uno de los más prestigiosos en su campo, donde con el paso de los años adquiere su precisa pincelada y el gusto por el detalle.
En su serie de trabajos persiste la representación de una inconexión con el mundo que nos rodea y esta realidad paralela se refleja suprimiendo la dimensión gravitatoria. Su obra es una reflexión sobre el orden y el desorden de los elementos, de los mundos, de los objectos y de las ideas. Historias que conviven sin llegar a cruzarse. 
« Es un desafío a entender este equilibrio desequilibrante»