miércoles, 10 de agosto de 2022

GR170

 


GR170
(Cataluña)

GR170 é un artista activo da movida do streetart en Barcelona e membro do colectivo Mixed Media (xunto con Aryz, Rostro, Poseydon, Kikx e RGTD). GR170 leva pintando na rúa dende principios do 2000 e no seu traballo destaca a menudo a presenza de personaxes de estética infantil e hipercolorista. As súas cores vibrantes e trazos negros e grosos fan que os seus grandes murais capten a atención dende a distancia e atrapen a mirada do espectador grazas á cantidade de detalles das súas composicións. Empezou a debuxar iconas simples ao redor da cidade de Barcelona como mans e peixes e fixo algunhas etiquetas dunha cara coa boca aberta, o que lle dou o nome: “Grito”.







Máis info:



No hay comentarios:

Publicar un comentario