Mostrando entradas con la etiqueta arte urbana. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte urbana. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de agosto de 2023

DOA OA



 DOA OA (Galiza)

Comezamos coas presentacións da vindeira 16 ª edición do DesOrdes! E como non podía ser doutro xeito, comezamos polos da casa!. 😉
DOA OA, é unha das principais figuras do muralismo galego e tamén estatal, cunha extensa traxectoria e ampla experiencia, ten participado en numeros proxectos e e eventos de muralismo e arte urbana ao redor do globo nos últimos anos e é pra nos unha axente rexeneradora do espazo público suuuper necesaria.
Dende moi nova estivo experimentando diferentes técnicas expresivas. Fai xa uns anos descobre a posibilidade de axudar ao reino verde a recuperar o espazo perdido, e é nese momento cando empeza o seu proxecto Reforestando. Pensado por e para a transformación do espazo público a través da arte, mediante intervencións murais “site specific” de temática vexetal.
O motor desta idea é a urxente necesidade de recoñecer e respectar o contorno natural e todo o reino vexetal, así como a importancia de espertar na nosa conciencia a idea de que somos parte dun todo. Con cada intervención mural da serie Reforestando, Doa consegue facer florecer e renacer dun xeito novo a cada espazo no que actúa.
Pronto dirémosovos que parte de Ordes, onde reina o gris e o cemento, fará brotar de novo a nai natureza. 😉
Atentas!
Saúde e cor!

DESORDES 2023

 


⚡ DESORDES 2023 ⚡
👉🏻 Un ano máis volvemos a encher de arte e cor as rúas de Ordes.
Nesta 16ª edición contamos con grandísimas/os artistas coma:
- Doa (Galiza)
- DIFUZ (Francia)
- Alba Fabre (Catalunya)
- Zane Prater (Estados Unidos)
- GLeo (Colombia)

📇 Do 4 ao 13 de agosto.
🧐 Atentas! Pronto máis info..
__
Deseño de cartel, dirección, producción e comisariado: Mutante Creativo
__
__
__
Patrocinan: Pinturas PROA
#desordescreativas #muralismo #galicia #mutantecreativo #streetart #ordes #arteurbana


miércoles, 10 de agosto de 2022

MR. SORTWO

 



MR. SORTWO
(Euskadi)

Mr.sor2 naceu e creceu nun pequeno pobo do País Vasco. Atraído pola arte na rúa do seu vecindario comezou a pintar graffiti á temprana idade de 12 anos, convertíndose no seu modo de vida. Traballa con gran variedade de métodos, nunca limitando a súa imaxinación mediante un particular estilo que crea detalladas pinturas surrealistas entre o figurativo e a abstración, o cal o leva a participar en multitude de Festivais de Street Art por todo o mundo.
O seu obxetivo é tender unha ponte entre o real e o irreal, o natural e o antinatural, fusionar a beleza co sublime.






Máis info:

ELISA CAPDEVILA

 


ELISA CAPDEVILA 
(Cataluña)

A súa carreira artística comenzou en 2014 estudando pintura e debuxo na escola tradicional de Barcelona. Nesa época pinta os seus primeiros murais, ao comezo como un simple exercicio onde o lenzo foi reemprazado por unha parede, co tempo dase conta das súas posibilidades e decide enfocar o seu traballo en proxectos a gran escala.
Dende 2017, traballa activamente en festivais de arte urbana e desenvolvendo grandes murais tanto a nivel nacional como internacional, sen deixar de lado o traballo de estudio e persoal en lenzo.
Dende un estilo clásico, Interésase principalmente polos temas humanos que investiga dende unha perspectiva figurativa, poñendo especial atención na armonía cromática conseguindo atmósferas evocadoras e vibrantes.
Pronto desfrutaremos dunha das súas obras nas nosas rúas, atenas!!






Máis info:



martes, 9 de agosto de 2022

DESORDES 2022

 

⚡⚡DESORDES 2022 / 15ª edición⚡⚡
Chega a 15ª edición do DesOrdes!! Será do 15 ao 24 de agosto con estxs 5 grandes artistas e algunha que outra sorpresa máis! Estade atentxs ás nosas redes! Vémonos prontiño nas rúas de Ordes!
____
Deseño de cartel, dirección, producción e comisariado:
____
Organiza:
____
Cofinancia:
____
Patrocinan:


lunes, 7 de septiembre de 2020

MANOLO MESA // DESORDES CREATIVAS 2020

Mural de Manolo Mesa /// DesOrdes Creativas 2020

"Unha xerra de auga limpa e pura pra regar as terras que a arrodean.... "

Situación: Rúa Paraíso nro 3, Ordes.

////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////


"Una jarra de agua limpia y pura para regar las tierras que la circundan..."

Situación: calle Paraíso nro 3, Ordes.

-------------------------------------

Fotos por A.L.Crego

Comisariado por
Mutante Creativo
Cofinancia: Deputación de A Coruña
Colaboran:















miércoles, 5 de agosto de 2020

MØU (Artistas convidadxs)



Seguimos coas presentacións e chega o turno pra o convidado da casa! 💚 👉 Mou!!!
Membro de Mutante Creativo e unha das patas deste festival!

Gal:
MØU ( Mou )
Artista multidisciplinar ao cal marca a súa carreira profesional o deseño gráfico, a música e o muralismo, así como a súa faceta de co-director e comisario en eventos como o Rexenera Fest de Carballo, o Cromático de Cambre, Contemporánea Fest de Compostela ou o propio DesOrdes Creativas.
A súa infancia estivo marcada polo debuxo, de forma natural, personaxes das series de animación enchían as súas libretas, e pouco a pouco asomouse ao mundo da banda deseñada. É titulado en gráfica publicitaria na escola Pablo Picasso da Coruña, de aí a influencia do deseño gráfico na súa obra, creando un estilo onde predomina unha paleta de cor reducida e moi desaturada e onde traballa os volumes a través das formas planas, todo reforzado cunha liña persistente e limpa. Nos seus murais adáptase ao que lle suxire cada lugar, bebendo da súa historia ou dos seus relatos.
————
Cast:
MØU ( Mou )
Artista multidisciplinar con una carrera marcada por el diseño gráfico, la música y el muralismo, además de su faceta como co-director y comisario en en eventos de arte urbana como el Rexenera Fest (Carballo), Cromático (Cambre), Contemporánea (Compostela) o el propio DesOrdes Creativas.
Su infancia estuvo marcada por el dibujo de forma muy natural, personajes de series de animación llenaban sus libretas y poco a poco se fué asomando al mundo del cómic.
Titulado en gráfica publicitaria por la escuela Pablo Picasso de A Coruña, de ahí su influencia del diseño en su obra, crea un estilo donde predomina una paleta de color reducida y muy desaturada, creando volúmenes a través de formas planas, todo reforzado con una línea persistente y limpia.