miércoles, 2 de agosto de 2023

DOA OA



 DOA OA (Galiza)

Comezamos coas presentacións da vindeira 16 ª edición do DesOrdes! E como non podía ser doutro xeito, comezamos polos da casa!. 😉
DOA OA, é unha das principais figuras do muralismo galego e tamén estatal, cunha extensa traxectoria e ampla experiencia, ten participado en numeros proxectos e e eventos de muralismo e arte urbana ao redor do globo nos últimos anos e é pra nos unha axente rexeneradora do espazo público suuuper necesaria.
Dende moi nova estivo experimentando diferentes técnicas expresivas. Fai xa uns anos descobre a posibilidade de axudar ao reino verde a recuperar o espazo perdido, e é nese momento cando empeza o seu proxecto Reforestando. Pensado por e para a transformación do espazo público a través da arte, mediante intervencións murais “site specific” de temática vexetal.
O motor desta idea é a urxente necesidade de recoñecer e respectar o contorno natural e todo o reino vexetal, así como a importancia de espertar na nosa conciencia a idea de que somos parte dun todo. Con cada intervención mural da serie Reforestando, Doa consegue facer florecer e renacer dun xeito novo a cada espazo no que actúa.
Pronto dirémosovos que parte de Ordes, onde reina o gris e o cemento, fará brotar de novo a nai natureza. 😉
Atentas!
Saúde e cor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario