jueves, 3 de agosto de 2017
PROGRAMACIÓN COMPLETA DESORDES CREATIVAS & SONORAS 2017
DESORDES CREATIVAS: Festival Internacional de Arte na Rúa / International Urban Art Festival
Do 7 ao 13 de Agosto / From the 7th to the 13th of august.
Ordes ( A Coruña - Galiza )
DESORDES SONORAS: Sábado 12 de Agosto
PROGRAMA COMPLETO:
INTERVENCIÓNS ARTÍSTICAS: Dende o 7 ao 13 de agosto.
As/0s artistas convidadas/os estarán pintando ou intervindo en distintos espazos da vila durante tódolos días do festival. O visitantes poderán moverse polas distintas localizacións pra ver traballar aos artistas durante todo o proceso. Asistencia libre.
ARTIST@S CONVIDAD@S e LOCALIZACIÓNS:
Xoana Almar (Galiza) - As Casillas nº 4
SpY urbanart (Madrid) - Praza do Campo da Feira
Ericailcane (Italia) - Rúa do Recreo nº 75
Bastardilla (Colombia) - Rúa Alfonso Senra nº 36
Saturnoart (Cataluña) - IES nº 1 de Ordes - Rúa Nicolás del Río s/n
Carlos Goma (Almería) - Rúa do Camposanto nº 25
MASTER CLASS con SEKONE: "O realismo no graffiti": Mércores 9 e xoves 10 de Agosto
Durante estas dúas xornadas teremos unha clase maxistral impartida polo polifacético artista galego Miguel Ruiz (aka Sekone), titulada "O realismo no graffiti", na que o alumnado adentrarase na complexa técnica do aerosol para realizar un retrato realista co asesoramento do artista.
Datas: mércores 9 e xoves 10 de agosto
Horarios: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
Lugar: Parque da Constitución s/n, Ordes.
Asistencia como alumnado, con previa matrícula.
Asistencia como público, de balde.
SEMINARIO con JAVIER ABARCA: “Unha introdución ao graffiti”: Sábado 12 de Agosto
No seminario titulado "Unha introdución ao graffiti", impartido polo reputado investigador sobre arte urbana Javier Abarca, fundador da web de referencia neste eido Urbanario: graffiti y arte urbano , levarase a cabo unha análise sobre o fenómeno do graffiti dende a época clásica ata a época comtemporánea.
Data: sábado 12 de agosto
Lugar: salón de plenos do Parque da Constitución
Horarios: de 11:30 a 13:30 h. e de 17:00 a 19:00 h.
A entrada será gratuíta. Prazas ata completar aforo.
EXHIBICIÓN DE PINTURA EN DIRECTO con NÖMADA: Sábado 12 de agosto
Por outra parte, durante toda a xornada do sábado 12 e tamén no mesmo parque, teremos unha exhibición de pintura en directo por parte do artista almeriense Miguel Peralta (a.k.a. Nömada), e membro de Cestola na Cachola, que decorará o escenario dos concertos.
Data: sábado 12 de agosto
Lugar: Parque da Constitución
Horarios: de 11:00 a 21:00 h.
Asistencia libre.
SESIÓN VERMÚ con Sabela King & The Heartbreakers: Sábado 12 de agosto
O mesmo día e entre medias do seminario de Javier Abarca e no mesmo Parque da Constitución, ao mediodía, teremos unha Sesión Vermú co concerto da banda de Soul-Blues Sabela King & The HeartBreakers.
Data: sábado 12 de agosto
Lugar: Parque da Constitución
Horarios: a partir das 13:00 h.
ROTEIRO GUIADO polas obras do festival: Sábado 12 de agosto / 19:30 h.
Ao rematar a segunda parte do seminario, ás 19:30 h. percorreremos a vila visitando gran parte das obras do festival cun Roteiro guiado polo equipo de Mutante Creativo, que arrincará do Parque da Constitución, con asistencia gratuíta.
Data: sábado 12 de agosto
Horario: De 19:30 h. a 21:00 h.
Lugar de saída: Parque da Constitución
Asistencia de balde.
DESORDES SONORAS: Sábado 12 de agosto / A partir das 22:00 h. / Entrada de Balde / Parque da Constitución, Ordes
E como colofón, esa mesma noite desfrutaremos dunha ecléctica noite de concertos coas actuacións das seguintes bandas:
XENDERAL ( Galiza - Dancehall/HipHop)
Santiuve & Da Zoo Bros (Alicante - Hip hop)
Los Bengala (Zaragoza - Rock&Roll/Garage)
IGMIG (Galiza - Inclasificables)
BIGOTE MIX (Galiza - Dj Session)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario