Catro horas de clase teórica con Javier Abarca.
12 de agosto 2017 / De 11:30 a 13:30 h. e de 17:00 a 19:00 h.
Lugar: Salón de Plenos (Parque da Constitución)
Entrada de balde / Ata rematar aforo
Neste breve seminario compartiremos claves para entender e apreciar mellor o graffiti. Percorreremos a historia do fenómeno, dende a época clásica ata os nosos días, e estudaremos a fondo ao espectacular graffiti que invadíu o metro de New York nos setenta.
––––––––––––––––––––––––––
Javier Abarca (Madrid 1973) é artista, investigador e docente especializado no graffiti e arte urbana. Figura principal da primeira xeración do graffiti español, impartíu entre 2006 e 2015 unha asignatura sobre graffiti e arte urbana na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid en Aranxuez. Fundou a web Urbanario en 2008.
Abarca é un especialista recoñecido na escena internacional e presencia habitual en congresos e festivais europeos. A súa tesis (2010) e os seus textos son citados frecuentemente na literatura especializada. Desenvolveu traballos de docencia, crítica, comisariado e direción de eventos para museos e institucións de España e Europa.
O traballo de Abarca caracterízase por tratar aspectos esenciais do graffiti e a arte urbana tales coma a exploración dos márxenes, a atención ao contexto, a escala humana ou as obras en rede. Un espazo de traballo alonxado da monumentalidade e o "kitsch" que hoxe caracterizan á concepción maioritaria da arte urbana.
Máis info:
http://javierabarca.es/
http://urbanario.es/
--------------------------
PROGRAMA
De 11:30 a 13:30h
“O graffiti na historia”
Os antecedentes históricos do graffiti son sorprendentemente abondosos, e amosan cómo a escritura informal nas paredes formou parte da normalidade cotiá de todos os estratos sociais, na maioría de épocas e lugares: dende a época clásica ata o século XX, pasando pola idade media ao romanticismo.
De 17:00 a 19:00h
“O graffiti do metro de New York“
A forma do graffiti máis importante é sen dúbida a que naceu en New York nos setenta e que, a partir dos oitenta, foi conquistando o mundo. Esta clase estuda o xénese e a historia do fenómeno no seu escenario orixinal do metro neoiorquino. Dende as primeiras firmas a finais dos sesenta, pasando polos espectaculares letreiros do tamaño dun vagón dos setenta e oitenta, ata a desaparición do fenómeno en 1989.
No hay comentarios:
Publicar un comentario