jueves, 3 de agosto de 2023

ALBA FABRE


 
ALBA FABRE (Cataluña)

Alba Fabre, de educadora social a artista. O seu traballo caracterízase por un estilo figurativo próximo, en ocasións, ao Impresionismo. As súas obras interésanse pola análise da linguaxe e os conceptos da arte clásica, reproducidas nunha pintura onde a forza e a cor son o centro da atención.
Formouse no Programa de Debuxo e Pintura na Barcelona Academy of Art, onde agora mesmo traballa como mestra. Á par, desenvolve a súa obra persoal no seu estudo situado tamén en Barcelona, ademáis das súas intervencións murais en múltiples proxectos e eventos de arte urbana ao redor do mundo.









No hay comentarios:

Publicar un comentario