jueves, 3 de agosto de 2023

MR. DIFUZ

 


MR. DIFUZ (Francia)

Seguimos presentádovos o cartaz desta edición! Quenda para MR.DIFUZ (Francia) >> DIFUZ

Difuz comezou a pintar na rúa á temperá idade de 13 anos e Marsella convertiríase na súa cidade de formación, onde funda en 2001 o colectivo Ki Fait Ca? (Quén fai iso?).
Dende 2013 ten participado en grandes eventos na Francia e ao redor do mundo, creando murais a gran escala, expoñendo a súa obra e colaborando con algúns artistas pioneiros nesta disciplina.
O seu traballo céntrase na investigación plástica e conceptual ao redor da condición do ser humano contemporáneo. Un particular universo en constante movimento, dinámico e colorista que se nutre do ritmo da vida do sur de Francia, libre, caprichoso e popular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario