jueves, 3 de agosto de 2023

GLEO


GLEO
(Colombia) 

GLeo é unha artista visual natural de Colombia. Ela proponnos entender a súa pintura como parte de nós, partindo da premisa de que formamos un todo coa natureza. Centra a súa obra na investigación gráfica na procura dunha linguaxe sensorial universal, na cal o seu traballo sería un punto de inflexión dentro dos espazos que habitamos a cotío. Unha ponte a unha experiencia de contemplación interior.
A súa obra pode atoparse en galerías e paredes de numerosas cidades ao redor do mundo, como Marrocos, Turquía, México, Suecia, Portugal, Ecurador, Brasil, Estados Unidos e España entre moitos outros. Recentemente foi convidada polo Museo Mauritshuis en La Haya (Holanda) pra reinterpretar unha das obras mestras da colección nun mural de gran formato, conmemorando os 200 anos de celebración.
E teremos a sorte de tela nesta 16ª edición do DesOrdes! Do 4 ao 13 de agosto! Pronto máis info! Atentxs!

No hay comentarios:

Publicar un comentario