miércoles, 21 de septiembre de 2011

MOU, XPEN & ISI

MOU (Mutante)
Santiago de Compostela,
1981.


Festival Compostela Skate, con Sokram

MC, beatmaker, deseñador gráfico, ilustrador, graffiteiro, muralista...e, tamén, propulsor e desorganizador do DesOrdes Creativas.

Como case todos na nosa añorada infancia, Mou comeza pintando de moi meniño, fascinado polo mundo do manga xaponés, o anime e os debuxos animados occidentais. O seu primeiro contacto co graffiti e a arte urbana data en torno ó ano 98 e será máis adiante, sobre o 2002 aproximadamente, cando comeza a tomalo máis en serio xunto cos seus compañeiros de Dios ke te Crew.

Nestes anos tamén estuda Gráfica Publicitaria na Escola Superior de Arte e Deseño Pablo Picasso, de A Coruña, o cal aporta un pulo novo ao seu traballo aportando novos enfoques e coñecementos.

A súa inspiración provén principalmente da banda deseñada, tanto da europea como do manga xaponés ou o anime, e unha parte moi importante tamén do deseño gráfico e da ilustración. Estas influencias converxen no seu traballo nun universo de personaxes donde priman os volúmes planos e os trazos limpos e definidos.


London Club, con Sokram

Principalmente centra o seu traballo visual na creación de obra gráfica, no deseño gráfico e na decoración muralística con Mutante, estudio de deseño co que ten realizado múltiples traballos creativos en distintos formatos e para diversos clientes.


Festival DesOrdes Creativas 2010, con Sokram



Aparte disto, nos últimos anos participou en varios eventos e festivais relacionados coa arte urbana como o Compostela Skate (Santiago de Compostela), DesOrdes Creativas (Ordes), Festival Meigas Fora! (Poulo, A Coruña), Customize Sessions 1(Cultura Urbana Shop, Santiago) e o seu traballo publicouse nalgunhas publicación editoriais como “Los nombres esenciales del graffiti y del arte urbano español” (Editorial Luwnberg).



--------------------------------------------------------------------

XPEN (A.k.a. Spen, A.k.a. Spencer)
Vigo, 1978.



Artista multidisciplinar (graffiti, muralismo, ilustración,deseño, web, animación,..), afincado na cidade de Vigo, é un veterano do aerosol cunha ampla traxectoria na escea do graffiti e moitos traballos ás súas costas, tanto na rúa coma noutros soportes.



Nun principio o seu estilo alimentábase das formas do graffiti máis tradicional, os seus primeiros murais datan do ano 1995, pero co paso do tempo o seu traballo foi adquirindo maior complexidade e matices máis sutís.



As máquinas e a robótica cobraron grande importancia na súa obra, coma unha metáfora crítica e reflexiva sobre esta realidade, cada vez máis alienante e mecanizada. Os seus humanoides robóticos mutan en seres mitolóxicos e emiten mensaxes codificadas en ceros e uns, coqueteando nalgúns intres cunha estética próxima a unha art deco retro futurista.





Ao longo dos últimos dez anos ten participado en numerosos eventos e actividades relacionadas co graffiti e a arte urbana por toda Galicia. Tanto na rúa como de outro tipo: obradoiros formativos, programas de TV, festivais...
Podemos citar algúns como o Festival de Graffiti "Klonica" (Narón, A Coruña); Festival de Graffiti "Intercontracultura" de Porriño (Pontevedra), "DesOrdes Creativas" 2009 y 2010 ou o Festival de arte independente e novas tendencias de Pontevedra "IFI".

-------

Os que vivimos nesta zona, algúns, sabemos de sobra cales son os altos índices de contaminación existentes na comarca e cales son os factores que provocan esta realidade tan apetecible: unha central térmica, unha incineradora de residuos, un basureiro xigantesco descontrolado.. Todo isto nun pequeno radio de poucos kilómetros. Como din algúns ironizando sobre o tema.. Somos a capital da merda!
Estos son os detonantes da idea que puxo mans á obra a estes dous, Mou & Xpen, contando coa importante aportación e axuda de Isi nun último término, recén chegado de Ciudad Real.
O resultado, como vedes, é unha visión irónica e cómica dun futuro DesOrdes, quizáis no tan afastado dun futuro real....No que os autores se reflexan a si mesmos nunha realidade hiperindustrializada, retratados coma seres mutantes ou protexidos con máscaras anticontaminación, rodeados por unha nube tóxica que todo o envolve..

Autores: Mou, Xpen & Isi
Técnica: Plástica e aerosol.














--------------------------------------------------------------------------------

Texto en castellano:

MOU (Mutante)
1981, Santiago de Compostela.

MC, beatmaker, productor musical, diseñador gráfico, ilustrador, graffitero, muralista...y, tambien, propulsor y desorganizador del DesOrdes Creativas.

Como casi todos en nuestra añorada infancia, Mou comienza pintando de muy pequeño, fascinado por el mundo del manga japonés, el anime y los dibujos animados occidentales. Su primer contacto con el graffiti y el arte urbano data en torno al año 97 pero será más adelante, sobre el 2002 aproximadamente, cuando comienza a tomárselo más en serio junto con sus compañeros del colectivo hip hop Dios ke te Crew.
En estos años tambien estudia Gráfica Publicitaria en la Escuela Superior de Arte y Diseño Pablo Picasso, de A Coruña, lo cual le aporta un nuevo empuje a su trabajo aportando nuevos enfoques y conocimientos.

Su inspiración artística proviene principalmente del comic, tanto del europeo como del manga o el anime, y una parte muy importante tambien del diseño gráfico y la ilustración. Estas influencias convergen en su trabajo en un universo de personajes donde priman los volúmenes planos y los trazos limpios y definidos.
Principalmente centra su trabajo visual en la creación de obra gráfica, en el diseño gráfico e en la decoración muralística con Mutante, estudio de diseño con el que ha realizado múltiples trabajos creativos en distintos formatos y para diversos clientes.

Aparte de esto, en los últimos años ha participado en varios eventos y festivales relacionados con el arte urbano como el Compostela Skate (Santiago de Compostela), DesOrdes Creativas (Ordes), Festival Meigas Fora! (Poulo, A Coruña), Customize Sessions 1(Cultura Urbana Shop, Santiago) y su trabajo se ha publicado en algunas publicaciones editoriales como “Los nombres esenciales del graffiti y del arte urbano español” (Editorial Luwnberg).

---------------------------------------------------------------

XPEN (A.k.a. Spen, A.k.a. Spencer)
Vigo, 1979.

Artista multidisciplinar (graffiti, muralismo, ilustración,deseño, web, animación,..), afincado en la ciudad de Vigo, es un veterano del aerosol con una amplia trayectoria en la escena del graffiti y muchos trabajos a sus espaldas, tanto en la calle como en otros soportes.

En en un principio su estilo se alimentaba de las formas del graffiti más tradicional, sus primeros murales datan del año 1995, pero con el tiempo su trabajo fué adquiriendo mayor complejidad y matices más sutiles. Las máquinas y la robótica cobraron gran importancia en su obra, como una metáfora crítica y reflexiva sobre esta realidad, cada vez más alienante y mecanizada. Sus humanoides robóticos mutan en seres mitológicos y emiten mensajes codificados en ceros y unos, coqueteando por momentos con una estética cercana a un art deco retro futurista.
Durante los últimos diez años ha participado en numerosos eventos y actividades relacionados con el graffiti y el arte urbano por toda Galicia. Tanto en la calle como de otro tipo: talleres formativos, programas de TV, festivales...
Podemos citar algunos como el Festival de Graffiti "Klonica" (Narón, A Coruña); Festival de Graffiti "Intercontracultura" de Porriño (Pontevedra), "DesOrdes Creativas" 2009 y 2010 o el Festival de arte independiente y nuevas tendencias de Pontevedra "IFI".

--------------------------------

Los que vivimos en esta zona, algunos, sabemos de sobra cuales son los altos índices de contaminación existentes en la comarca y cuales son los factores que provocan esta realidad tan apetecible: una central térmica, una incineradora de residuos, un basurero gigantesco descontrolado.. Todo esto en un pequeño radio de pocos kilómetros. Como dicen algunos ironizando sobre el tema.. Somos a capital da merda!
Estos son los detonantes de la idea que puso manos a la obra a estos dos, Mou & Xpen, contando con la importante aportación y ayuda de Isi en un último término, recién llegado de Ciudad Real.
El resultado, como veis, es una visión irónica y cómica de un futuro DesOrdes, quizás no ten separada de un futuro real....en el que los autores se reflejan asi mismos en una realidad hiperindustrializada, retratados como seres mutantes o protegidos con máscaras anticontaminación, rodeados por una nube tóxica que todo lo envuelve..

1 comentario:

  1. Boa/s entrada/s, para o ano teremos que mirar de facer unha boa reportaxe audiovisual altura do festival, ouH?¿ :)

    ResponderEliminar