martes, 4 de octubre de 2011

SOKRAM: " Malas línguas"

SOKRAM ( Mutante ) , a.k.a. Soke
Ferrol, 1980.



Graffiteiro, deseñador gráfico, MC, ilustrador, muralista, fotógrafo, letrista...
Director creativo xunto con Mou do estudio creativo MUTANTE, vocalista e membro do colectivo hip hop Dios ke te Crew, integrante da pioneira crew de graffiti galega Vandals, e tamén, propulsor e desorganizador do DesOrdes Creativas.

Comezou debuxando a Dartacan e a Songoku nas paredes da súa casa, cando aínda non levantaba un palmo do chan, o cal conlevaría unha boa azouta por parte de súa nai...
Uns anos máis tarde quedou sen excursión de oitavo de EXB por facer unhas “pintadas” un cuanto ofensivas no seu colexo.. Pero o condenado, tampouco aprendeu desta vez...
Ao principio dos 90, o hip hop, e con él, o graffiti, chegaron á súa vida, e xa non houbo marcha atrás.. 5Talegos, rap, break dance, graffiti, tags, pompas, pezas, kekos, murais, conceptos, mensaxes, Dios ke te Crew! Maila nai que o paríu!


DesOrdes Creativas 2008, con Nas!


DesOrdes Creativas 2009

Comezou pintando o seu alias nas rúas de Ordes, A Coruña ou Santiago.. Tags, letras e personaxes centraban a súa atención naquela primeira época. Este amor polo graffiti e as artes levouno a estudar Gráfica Publicitaria na Escola Superior de Arte e Deseño Pablo Picasso de A Coruña e anos máis tarde Fotografía Artística na Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo de Compostela, ademáis doutros cursos paralelos, cousa que marcaría de xeito importante a súa evolución. Os coñecementos teórico-prácticos adquiridos doutros movementos artísticos, estilos e técnicas, xunto co manexo doutras ferramentas gráficas tradicionais e de software como Adobe Photoshop, Freehand, Illustrator, Flash, fixo que a súa mente se abrise a outro mundo de posibilidades.




London Club, Ordes. Con Mou.

Hoxe por hoxe, desenvolve o seu traballo mesturando todas estas habilidades: dende o spray ao pincel, do stencil ao poster art, e dende a parede a calquer soporte pintable(lenzos, muros, chapas, bidóns, pedra, cartón, lixo, volume! ).






cultura Urbana Shop, Compostela. Con Mou.





Centra o seu traballo principalmente na realización de traballos de deseño gráfico e publicidade en diversos formatos e soportes con Mutante, na decoración e creación muralística e na creación de obra gráfica persoal, tanto na rúa como noutros soportes.


DesOrdes Creativas 2010, con Mou.



O seu estilo é versatil, mutante, combina as técnicas do graffiti, do deseño, do comic, da ilustración, da fotografía, para crear un universo gráfico diverso no que plasma os conceptos, mensaxes e ideas que necesita transmitir en cada momento.




Badulake Live Club. Con Mou.

Predominan a representación de esceas ou personaxes aillados, sempre cuns rostros moi expresivos que comunican mensaxes implícitas..; as criaturas mutantes e os payasos burlóns tamén é parte importante do seu imaxinario. A súa iconografía acercase en ocasións ao comic underground americano e mesturase noutros casos con outros recursos coma imaxes sintetizadas a partir de fotografías, co uso da plantilla, da tipografía ou a ilustración vectorial.





Durante os últimos dez anos participou en variopintos eventos de graffiti e arte urbana como o Intercontracultura (Porriño, Pontevedra), Compostela Skate ( Santiago), UrbanX Festival ( Vigo), El graffiti más largo del mundo ( Madrid), VGA Festival (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra), Festival de Arte Multimedia & Música Avanzada “Elecktronica” (Pontevedra), MadPosterArt (Festival internacional de Poster Art de Madrid), e como non o aquí presente DesOrdes Creativas, en tódalas súas edicións.

Podes atopar obras de Sokram nas rúas de lugares como DesOrdes, Vigo, Santiago, A Coruña, Madrid, Lorient, Lisboa, e pode que tamén na túa aldea.
En canto a edición noutros formatos, o seu traballo persoal aparece nalgunhas publicacións impresas como por exemplo “Los nombres esenciales del arte urbano y del graffiti español” ( Editorial Luwnberg, 2011), na revista “INTEREA Visual” ou o fanzine independente “La Llave” e por outra banda, participou nalgunhas exposicións colectivas como “Extruja Tour” ( Tabacalera CSA, Madrid) ou “Artistas Reincidentes”, (CC Ordes, A Coruña).

Máis traballos aquí


Extruja Tour, instalación espaciotemporal en Buraco Negro (Tabacalera CSA, Madrid)
Con Pelucas, Tayone, Rigal, Ana Santiso, Paria, Beatriz Lobo & Victor Ulla.

---------------------------------------------------------------

"MALAS LÍNGUAS"

Nesta peza Sokram quixo incidir nese fenómeno tan típico, cotiá e corrosivo que invade as nosas vidas... As línguas velenosas. Pola boca morre o peixe, din. Pois eso...
O propio mural fala por si mesmo e é excusado describir demasiado o concepto representando polo autor porque entendemos que se comprende perfectamente.. Pero para os máis despistados, podemos dicir que é unha representación da realidade en si mesma e unha crítica áceda a esa actitude cotilla que pervirte aos humanos e que fai que nos restemos liberdade uns a outros, extrangulándonos reciprocamente nunha espiral nociva e perxudicial pra a saúde física e mental.









------------------------------------------------------
Texto en castellano:

SOKRAM ( Mutante ) , a.k.a. Soke
Ferrol, 1980.

Graffitero, diseñador gráfico, MC, ilustrador, muralista, fotógrafo, letrista...
Director creativo junto con Mou del estudio creativo MUTANTE, vocalista y miembro del colectivo hip hop Dios ke te Crew, integrante de la pionera crew de graffiti gallega Vandals, y también, propulsor y desorganizador del DesOrdes Creativas.

Comenzó dibujando a Dartacan y a Songoku en las paredes de su casa, cuando aún no levantaba un palmo del suelo, lo cual conllevaría un buen azote por parte de su madre...
Unos años más tarde se quedaría sin excursión de octavo de EGB por hacer unas “pintadas” un cuanto ofensivas en su colegio.. Pero el condenado, tampoco aprendió de esta vez...
Al principio de los 90, el hip hop, y con él, el graffiti, llegaron a su vida, y ya no hubo marcha atrás.. 5Talegos, rap, break dance, graffiti, tags, pompas, piezas, kekos, murales, conceptos, mensajes, Dios ke te Crew! Maila nai que o paríu!
Empezó pintando su alias en las calles de Ordes, A Coruña o Santiago.. Tags, letras y personajes centraban su atención en aquella primera época. Este amor por el graffiti y las artes le llevó a estudiar Gráfica Publicitaria en la Escola Superior de Arte e Deseño Pablo Picasso de A Coruña y años más tarde Fotografía Artística en la Escola Superior de Arte e Deseño Mestre Mateo de Compostela, además de otros cursos paralelos, cosa que marcaría de manera importante su evolución. Los conecimientos teórico-prácticos adquiridos de otros movimientos artísticos, estilos y técnicas, junto con el manejo de otras herramientas gráficas tradicionales y de software como Adobe Photoshop, Freehand, Illustrator, Flash, hizo que su mente se abriese a otro mundo de posibilidades.

Hoy en día, desenvelve su trabajo combinando todas estas habilidades: desde el spray al pincel, del stencil al poster art, y desde la pared a cualquier soporte pintable(lienzos, muros, chapas, bidones, piedra, cartón, basura, volumen! ).

Centra su trabajo principalmente en la realización de trabajos de diseño gráfico y publicidad en diversos formatos y soportes con Mutante, en la decoración y creación muralística y en la creación de obra gráfica personal, tanto en la calle como en otros soportes.

Su estilo es versatil, mutante, combina las técnicas del graffiti, del deseño, del comic, de la ilustración, de la fotografía, para crear un universo gráfico diverso en el que plasma los conceptos, mensajes e ideas que necesita transmitir en cada momento.

Predominan la representación de escenas o personajes aislados, siempre con rostros muy expresivos que comunican mensajes implícitos..; las criaturas mutantes y los payasos burlones tambien son parte importante de su imaginario. Su iconografía se acerca en ocasiones al comic underground americano y se mezcla en otros casos con otros recursos como imágenes sintetizadas a partir de fotografías, el uso de las plantillas, de la tipografía o la ilustración vectorial.

Durante los últimos diez años ha participado en variopintos eventos de graffiti y arte urbano como Intercontracultura (Porriño, Pontevedra), Compostela Skate ( Santiago), UrbanX Festival ( Vigo), El graffiti más largo del mundo ( Madrid), VGA Festival (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra), Festival de Arte Multimedia & Música Avanzada “Elecktronica” (Pontevedra), MadPosterArt (Festival internacional de Poster Art de Madrid), y como no el aquí presente DesOrdes Creativas, en todas sus ediciones.

Podeis encontrar obras de Sokram en las calles de lugares como DesOrdes, Vigo, Santiago, A Coruña, Madrid, Lorient, Lisboa, y puede que tambien en tu aldea.
En cuanto a edición en otros formatos, su trabajo personal aparece en algunas publicaciones impresas como por ejemplo “Los nombres esenciales del arte urbano y del graffiti español” ( Editorial Luwnberg, 2011), la revista “INTEREA Visual” o el fanzine “La Llave” y por otro lado, ha participado en algunas exposiciones colectivas como “Extruja Tour” ( Tabacalera CSA, Madrid) o “Artistas Reincidentes”, (CC Ordes, A Coruña).

Más trabajos aquí

---------------------------------------------------------------

"MALAS LÍNGUAS"



En esta pieza Sokram quiso incidir en ese fenómeno tan típico, cotidiano y corrosivo que invade nuestras vidas... Las lenguas venenosas. Por la boca muere el pez, dicen. Pues eso...
El propio mural habla por si mismo y resulta inncesario describir demasiado el concepto representando por el autor porque entendemos que se comprende perfectamente.. Pero para los más despistados, podemos decir que es una representación de la realidad en si misma y una crítica ácida a esa actitud cotilla que pervierte a los humanos provocando que nos restemos libertad unos a otros, extrangulándonos reciprocamente en una espiral nociva y perjudicial para nuestra salud física y mental.




No hay comentarios:

Publicar un comentario