Mostrando entradas con la etiqueta desordes2022. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta desordes2022. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de agosto de 2022

MR. SORTWO

 



MR. SORTWO
(Euskadi)

Mr.sor2 naceu e creceu nun pequeno pobo do País Vasco. Atraído pola arte na rúa do seu vecindario comezou a pintar graffiti á temprana idade de 12 anos, convertíndose no seu modo de vida. Traballa con gran variedade de métodos, nunca limitando a súa imaxinación mediante un particular estilo que crea detalladas pinturas surrealistas entre o figurativo e a abstración, o cal o leva a participar en multitude de Festivais de Street Art por todo o mundo.
O seu obxetivo é tender unha ponte entre o real e o irreal, o natural e o antinatural, fusionar a beleza co sublime.






Máis info:

NOE COR

 



NOE COR
(Uruguay)

Noe Cor é unha artista multidisciplinar nacida en Montevideo, é coñecida principalmente pola súa obra mural e o seu traballo céntrase principalmente na figura e o concepto do feminino. Durante a súa traxectoria experimentou con diversas técnicas, entre elas a pintura ao óleo, videomapping, proxeccións de pintura en vivo en edificios, instalacións interactivas, etc. Iniciouse na arte urbana en parte para romper con esa “monotonía gris”, para reivindicar o espazo público e establecer un diálogo co espectador.





Máis info:



GR170

 


GR170
(Cataluña)

GR170 é un artista activo da movida do streetart en Barcelona e membro do colectivo Mixed Media (xunto con Aryz, Rostro, Poseydon, Kikx e RGTD). GR170 leva pintando na rúa dende principios do 2000 e no seu traballo destaca a menudo a presenza de personaxes de estética infantil e hipercolorista. As súas cores vibrantes e trazos negros e grosos fan que os seus grandes murais capten a atención dende a distancia e atrapen a mirada do espectador grazas á cantidade de detalles das súas composicións. Empezou a debuxar iconas simples ao redor da cidade de Barcelona como mans e peixes e fixo algunhas etiquetas dunha cara coa boca aberta, o que lle dou o nome: “Grito”.







Máis info:



ELISA CAPDEVILA

 


ELISA CAPDEVILA 
(Cataluña)

A súa carreira artística comenzou en 2014 estudando pintura e debuxo na escola tradicional de Barcelona. Nesa época pinta os seus primeiros murais, ao comezo como un simple exercicio onde o lenzo foi reemprazado por unha parede, co tempo dase conta das súas posibilidades e decide enfocar o seu traballo en proxectos a gran escala.
Dende 2017, traballa activamente en festivais de arte urbana e desenvolvendo grandes murais tanto a nivel nacional como internacional, sen deixar de lado o traballo de estudio e persoal en lenzo.
Dende un estilo clásico, Interésase principalmente polos temas humanos que investiga dende unha perspectiva figurativa, poñendo especial atención na armonía cromática conseguindo atmósferas evocadoras e vibrantes.
Pronto desfrutaremos dunha das súas obras nas nosas rúas, atenas!!






Máis info:



martes, 9 de agosto de 2022

DESORDES 2022

 

⚡⚡DESORDES 2022 / 15ª edición⚡⚡
Chega a 15ª edición do DesOrdes!! Será do 15 ao 24 de agosto con estxs 5 grandes artistas e algunha que outra sorpresa máis! Estade atentxs ás nosas redes! Vémonos prontiño nas rúas de Ordes!
____
Deseño de cartel, dirección, producción e comisariado:
____
Organiza:
____
Cofinancia:
____
Patrocinan: