Mostrando entradas con la etiqueta mural art. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mural art. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de agosto de 2022

NOE COR

 



NOE COR
(Uruguay)

Noe Cor é unha artista multidisciplinar nacida en Montevideo, é coñecida principalmente pola súa obra mural e o seu traballo céntrase principalmente na figura e o concepto do feminino. Durante a súa traxectoria experimentou con diversas técnicas, entre elas a pintura ao óleo, videomapping, proxeccións de pintura en vivo en edificios, instalacións interactivas, etc. Iniciouse na arte urbana en parte para romper con esa “monotonía gris”, para reivindicar o espazo público e establecer un diálogo co espectador.





Máis info:



lunes, 7 de septiembre de 2020

MANOLO MESA // DESORDES CREATIVAS 2020

Mural de Manolo Mesa /// DesOrdes Creativas 2020

"Unha xerra de auga limpa e pura pra regar as terras que a arrodean.... "

Situación: Rúa Paraíso nro 3, Ordes.

////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////


"Una jarra de agua limpia y pura para regar las tierras que la circundan..."

Situación: calle Paraíso nro 3, Ordes.

-------------------------------------

Fotos por A.L.Crego

Comisariado por
Mutante Creativo
Cofinancia: Deputación de A Coruña
Colaboran:















viernes, 21 de julio de 2017

Aqui están os carteis dos inminentes DESORDES CREATIVAS e SONORAS! Arte e Música na rúa!! 
Con muralismo, instalacións, concertos, master classes, seminarios, roteiros e exhibicións! 

Cos artistas Ericailcane, SpY-urban, Xoana Almar, Bastardilla, Saturnoart, Carlos Goma, Javier Abarca,  Miguel Ruiz aka Sekone,  Miguel Peralta aka Nömada na parte artística e as bandas Los Bengala, IGMIG, Xenderal, Santiuve & Da Zoo Bros e Bigote Mix na parte musical! 

Do 7 ao 13 de Agosto, Ordes ( A Coruña ). Pronto o desglose de toda a programación!!



lunes, 17 de julio de 2017

DesOrdes Creativas 2017 e Video Resumo da edición 2016.


O vindeiro DesOrdes Creativas está ao chegar! Será do 7 ao 13 de agosto de 2017. 
E este ano cúmprense xa 10 anos de festival. 
Moi pronto anunciaremos toda a programación desta 10ª edición, na que contaremos coa realización de varios murais, master classes, conferencias, sesión vermú, concertos, roteiro... Estade atentos! 
Aquí podedes ver o video resumo da pasada edición 2016, obra do artista audiovisual A.L.Crego ( http://alcrego.tumblr.com )




lunes, 7 de marzo de 2016

INO no DESORDES 2015

V. Galego:

Artista: INO
Título:"Roaming In Paradise"
Situación: Avenida IES Maruxa Mallo, Ordes.

O recoñecido artista grego chegou dende a súa Atenas natal pra aportar a súa particular vision ao noso DesOrdes colectivo. 

"Roaming in Paradise" está emprazada nun dos muros principais do Instituto Maruxa Mallo e engádese á lista de obras que xa contén o recinto escolar, realizadas en anteriores edicións do festival.

Dende un claro punto de vista irónico, INO amósanos unha estampa na que albiscamos un Poseidón que se parte inevitablemente en dous ao facerse un selfie.

 Cunha retranca que ben podía pasar por galego, o ateniense fainos reflexionar sobre presente e futuro neste mundo no que importa máis amosar que estiveches que desfrutar do feito de estar… Un lugar onde ata os deuses se despreocupan dos seus fieis, moito máis atentos do seu propio pelexo, e de subilo a instagram claro.

Máis traballos en:

Fotos por:
 Ino & Mutante Creativo.

..........................................


V. English:

Artist: INO
Title:"Roaming In Paradise"
Venue: IES Maruxa Mallo, Ordes.


The famous Greek artist came from his native Athens to contribute his unique vision to our collective disorder.


"Roaming in Paradise" is located on one of the main walls of Maruxa Mallo High School and it is added to the list of works that the school grounds already have (made in previous editions of the festival)

From a clear ironic view , INO shows us a picture which depicts Poseidon inevitably splitting in two while taking a selfie.


With sarcasm that could make him pass himself off as a Galician, the Athenian makes us think about the present and the future in this world where it is most important to show that you've been rather than enjoying the fact of being ... A place where even gods are neglectful of the faithful, much more attentive to their own skin and, of course, uploading their selfie to Instagram.


More works:

Pictures by:










viernes, 13 de noviembre de 2015

SPOK no DesOrdes 2015

V. Galego:

Artista: SPOK
Título: "Minero asturiano de padre gallego"
Stiuación: Campo de futbol de Ordes (muro traseiro, acceso dende O Balado)

Spok, tamén coñecido como SpokBrillor, mestre vulcaniano do spray e demáis skills variopintas,
chegou dende o espacio exterior (máis concretamente dende Madrid) pra deixarnos esta tremenda obra neste DesOrdes 2015.

"Minero asturiano de padre gallego", que podemos dicir deste pepino de grafo guapo máis que poñerlle os mesmos adxetivos que a toda a súa incrible obra e desbordante personalidade artística: brilante, mordaz, inclasificable, transgresor, irónico, divertido, surrealista..

Grafos guapos! Brillor DesOrdes!

Máis traballos en:
https://instagram.com/spokbrillor/
http://www.spok.es/

...............................

V. English:

Artist: Spok
Title: Asturian miner from Galician parents.
Place: Ordes Football Field. (rear wall, way in from “ O Balado”)

Spok, as known as SpokBrillor, vulcanian master of spray and other motley skills, came
from outer space (specifically from Madrid), to give us this huge piece for this DesOrdes
2015.
"Asturian miner from Galician parents" what can we say about this brutal mural more
than give to it the same adjectives we give to his hole work and his overflowing personality:
brilliant, mordant, nondescript, lawbreaker, ironic, fun, surrealist…

Grafos guapos! Brillor DesOrdes!