Mostrando entradas con la etiqueta urban art festival. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta urban art festival. Mostrar todas las entradas

miércoles, 31 de julio de 2019

DESORDES CREATIVAS 2019


Por fin podemos soltar o cartel completo desta 12ª edición do DesOrdes Creativas! Do 5 ao 11 de agosto con máis murais, concertos ao vivo, exhibicións, clases maxistrais, sesións de live painting e o roteiro guiado final por este gran museo de arte libre que temos en Ordes. 
Este ano teremos en FORMATO MURAL a::
Daniel Muñoz "SAN" (Extremadura)
Twee Muizen (Galiza)
Alegria del Prado (México/Burgos)
Artez (Serbia)
Leandro Barea (Galiza)

CONCERTOS: DESORDES SONORAS: SÁBADO 10 AGOSTO:
Sesión Vermú: 13:00 h.
Sekone Dj Set
Sesión Noite: 21:30 h.
High Paw
Agoraphobia
Ortiga
Sekone Dj Set
Entrada de balde / Parque da Constitución

+ ACTIVIDADES PARALELAS: 

➡️ CONCERTO de Néboa e sesión de live painting con TEBO (mércores 7 / 21:00 h / Pza. da Alameda)
➡️ Exhibición mural a cargo de: Sekone (sábado 10 / Escenario Parque da Constitución)
➡️Master Class de retrato rápido da man de Yoseba MP (venre 9 e sábado 10 / Aberta inscrición / Prazas limitadas / Parque da Constitución)
➡️Roteiro guiado polos murais con Mutante Creativo ( sábado 10 ás 18: 00 h. / Saída do Parque da Constitución)

Vémonos en Ordes !! Un pobo que nin pintado! 🖖

lunes, 17 de julio de 2017

DesOrdes Creativas 2017 e Video Resumo da edición 2016.


O vindeiro DesOrdes Creativas está ao chegar! Será do 7 ao 13 de agosto de 2017. 
E este ano cúmprense xa 10 anos de festival. 
Moi pronto anunciaremos toda a programación desta 10ª edición, na que contaremos coa realización de varios murais, master classes, conferencias, sesión vermú, concertos, roteiro... Estade atentos! 
Aquí podedes ver o video resumo da pasada edición 2016, obra do artista audiovisual A.L.Crego ( http://alcrego.tumblr.com )




viernes, 15 de enero de 2016

DOA no DESORDES 2015

V. Galego:

Artista: DOA
Título: Quercus Robur
Stiuación: Penelas, camiño do paseo fluvial.

Doa, como boa representante da frondosa Galicia interior, pasou polo DesOrdes 2015 deixando a súa particular pegada na zona de Penelas, no camiño que une a vila co paseo fluvial do río Mercurín, a.k.a. río Cabrón pra algúns de nós.

Formando parte da súa serie de traballos que orbitan baixo o concepto e título da Reforestación, deixounos esta obra de importantes dimensións que acada unha simbiose perfecta co entorno, disminuíndo na medida do posible o impacto do cemento e o ladrillo nun entorno natural como éste.

Despois de loitar contra as inclemencias do noso amado e odiado clima (diluvio universal forever), da precariedade dos medios cos que puidemos contar debido aos recortes locais en cultura e do entorno gastronómico ultracarnívoro, Doa conseguíu rematar con creces o seu mural e agasallarnos cun chisco máis de osíxeno pra os nosos corpos e mentes neste entorno gris que nos afoga.

Gracias Doa! Oa Oa Oa!

Máis traballos en:
https://doaoa.wordpress.com/

Fotos por:
A.L. Crego & Mutante Creativo

.................................................

V. English:

Artist: Doa
Title: Quercus Robur
Place: Penelas, Riverwalk path.

Doa, as a good representative of the leafy inner Galicia, passed through DesOrdes 2015
leaving her particular mark in the area of Penelas, in the way which connects the village with
the Mercurín riverwalk, a.k.a. “Bastard River” for some of us.

As part of her series of works that orbit under the concept and title of
“Reforestations”, she gave us this piece of important dimensions that achieve a perfect
symbiosis with the environment, decreasing, as far as possible, the visual impact of the
concrete and bricks in a natural emplacement like this.

After a hard fight against the inclement of our (loved and hated) climate (Universal Flood
Forever), and scant means we had, due to the local pay cuts in culture and in the ultracarnivore
gastronomy spheres, Doa easily finished her mural on time and gave us a little bit more oxygen for our
bodies and minds in this grey place that is choking us.

Thank you Doa! Oa Oa Oa!


Pictures by:
A.L. Crego & Mutante Creativo












 


 









viernes, 25 de septiembre de 2015

DESORDES CREATIVAS 2015 / 8ª Edición


(Gal)
Ola DesOrdead@s!! Aquí tedes o cartaz da 8ª Edición do DesOrdes Creativas! Como tódolos anos, durante unha semana 5 artistas chegados dende distintos lugares estarán inundando de cor esta nosa vila! Demasiado gris na nosa humilde opinión...e tan necesitada dunha nova man de pintura e creatividade independente.
As datas serán do luns 5 ao domingo 11 de Outubro.
E @s artistas convidad@s son:
SPOK (Madrid)
INO (Atenas )
MALAKKAI (Almería)
DOA (Galiza)
SABEK (Madrid)
E como non todo vai ser traballar..!! Tamén teremos unha noite de FESTA o venres 9 no Jatopús con música en directo!
Os vindeiros días iremos debullando máis polo miúdo os detalles do festival. Estade ao loro e compartide o cartaz pra que chegue lonxe.!! Que este ano imos con pouco tempo! 
SAÚDE E COR INFINITA!
..............................................................................
(Cast)
Hola DesOrdenad@s!! Aquí teneis el cartel de la 8ª Edición del DesOrdes Creativas! Como todos los años, durante una semana 5 artistas llegados desde distintos lugares estarán inundando de color este pueblo nuestro! Demasiado gris en nuestra humilde opinión...y tan necesitado de una nueva mano de pintura y creatividad independiente.
Las fechas serán del lunes 5 al domingo 11 de Octubre.
L@s artistas invitados son:
SPOK (Madrid)
INO (Atenas )
MALAKKAI (Almería)
DOA (Galiza)
SABEK (Madrid)
Y como no todo puede ser trabajar..!! También tendremos una noche de FIESTA el viernes 9 en el Jatopús con música en directo!
Los próximos días iremos desgranando los detalles del festival. Estad al loro y compartid el cartel para que llegue lejos.!! Que este año vamos con poco tiempo! 
SALUD Y COLOR INFINITO!!