Mostrando entradas con la etiqueta arte urbano. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arte urbano. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de agosto de 2023

ZANE PRATER






ZANE PRATER (Estados Unidos)

Zane Prater é un artista visual orixinario de Denver, Colorado. Tras formarse como pintor figurativo clásico na Academia de Arte de Barcelona, traballa principalmente co debuxo e a pintura ao tempo que crea instalacións terrestres e murais públicos a gran escala.
O seu traballo une a ilustración botánica, a arte visionaria, o retrato e o deseño para falar da natureza da nosa relación co mundo natural. As súas imaxes enganchan coas narracións mitopoéticas que temos sobre os nosos roles individuais e colectivos nas paisaxes que habitamos, buscando establecer conexións e atopar harmonías entre o urbano e o orgánico.

+ info:
https://www.zaneprater.com/outdoors
https://www.instagram.com/zane.prater/














DOA OA



 DOA OA (Galiza)

Comezamos coas presentacións da vindeira 16 ª edición do DesOrdes! E como non podía ser doutro xeito, comezamos polos da casa!. 😉
DOA OA, é unha das principais figuras do muralismo galego e tamén estatal, cunha extensa traxectoria e ampla experiencia, ten participado en numeros proxectos e e eventos de muralismo e arte urbana ao redor do globo nos últimos anos e é pra nos unha axente rexeneradora do espazo público suuuper necesaria.
Dende moi nova estivo experimentando diferentes técnicas expresivas. Fai xa uns anos descobre a posibilidade de axudar ao reino verde a recuperar o espazo perdido, e é nese momento cando empeza o seu proxecto Reforestando. Pensado por e para a transformación do espazo público a través da arte, mediante intervencións murais “site specific” de temática vexetal.
O motor desta idea é a urxente necesidade de recoñecer e respectar o contorno natural e todo o reino vexetal, así como a importancia de espertar na nosa conciencia a idea de que somos parte dun todo. Con cada intervención mural da serie Reforestando, Doa consegue facer florecer e renacer dun xeito novo a cada espazo no que actúa.
Pronto dirémosovos que parte de Ordes, onde reina o gris e o cemento, fará brotar de novo a nai natureza. 😉
Atentas!
Saúde e cor!

miércoles, 10 de agosto de 2022

MR. SORTWO

 



MR. SORTWO
(Euskadi)

Mr.sor2 naceu e creceu nun pequeno pobo do País Vasco. Atraído pola arte na rúa do seu vecindario comezou a pintar graffiti á temprana idade de 12 anos, convertíndose no seu modo de vida. Traballa con gran variedade de métodos, nunca limitando a súa imaxinación mediante un particular estilo que crea detalladas pinturas surrealistas entre o figurativo e a abstración, o cal o leva a participar en multitude de Festivais de Street Art por todo o mundo.
O seu obxetivo é tender unha ponte entre o real e o irreal, o natural e o antinatural, fusionar a beleza co sublime.






Máis info:

NOE COR

 



NOE COR
(Uruguay)

Noe Cor é unha artista multidisciplinar nacida en Montevideo, é coñecida principalmente pola súa obra mural e o seu traballo céntrase principalmente na figura e o concepto do feminino. Durante a súa traxectoria experimentou con diversas técnicas, entre elas a pintura ao óleo, videomapping, proxeccións de pintura en vivo en edificios, instalacións interactivas, etc. Iniciouse na arte urbana en parte para romper con esa “monotonía gris”, para reivindicar o espazo público e establecer un diálogo co espectador.





Máis info:



GR170

 


GR170
(Cataluña)

GR170 é un artista activo da movida do streetart en Barcelona e membro do colectivo Mixed Media (xunto con Aryz, Rostro, Poseydon, Kikx e RGTD). GR170 leva pintando na rúa dende principios do 2000 e no seu traballo destaca a menudo a presenza de personaxes de estética infantil e hipercolorista. As súas cores vibrantes e trazos negros e grosos fan que os seus grandes murais capten a atención dende a distancia e atrapen a mirada do espectador grazas á cantidade de detalles das súas composicións. Empezou a debuxar iconas simples ao redor da cidade de Barcelona como mans e peixes e fixo algunhas etiquetas dunha cara coa boca aberta, o que lle dou o nome: “Grito”.







Máis info:



ELISA CAPDEVILA

 


ELISA CAPDEVILA 
(Cataluña)

A súa carreira artística comenzou en 2014 estudando pintura e debuxo na escola tradicional de Barcelona. Nesa época pinta os seus primeiros murais, ao comezo como un simple exercicio onde o lenzo foi reemprazado por unha parede, co tempo dase conta das súas posibilidades e decide enfocar o seu traballo en proxectos a gran escala.
Dende 2017, traballa activamente en festivais de arte urbana e desenvolvendo grandes murais tanto a nivel nacional como internacional, sen deixar de lado o traballo de estudio e persoal en lenzo.
Dende un estilo clásico, Interésase principalmente polos temas humanos que investiga dende unha perspectiva figurativa, poñendo especial atención na armonía cromática conseguindo atmósferas evocadoras e vibrantes.
Pronto desfrutaremos dunha das súas obras nas nosas rúas, atenas!!






Máis info:



lunes, 7 de septiembre de 2020

MANOLO MESA // DESORDES CREATIVAS 2020

Mural de Manolo Mesa /// DesOrdes Creativas 2020

"Unha xerra de auga limpa e pura pra regar as terras que a arrodean.... "

Situación: Rúa Paraíso nro 3, Ordes.

////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////


"Una jarra de agua limpia y pura para regar las tierras que la circundan..."

Situación: calle Paraíso nro 3, Ordes.

-------------------------------------

Fotos por A.L.Crego

Comisariado por
Mutante Creativo
Cofinancia: Deputación de A Coruña
Colaboran: