Mostrando entradas con la etiqueta publicart. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta publicart. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de septiembre de 2019

Mural de ARTEZ / DesOrdes Creativas 2019

Seguimos cos DesOrdes 2019! Agora é turno para o artista serbio Artez! Que nos deixou este mural nunha das entradas principais a Ordes, a de Coruña. 
Nesta peza o artista de Belgrado fálanos sobre os silencios incómodos despois dunha discusión e de cómo ese run run que queda no ambiente, segue facendo barullo ainda que non pronunciemos unha soa palabra mentres estamos enfurruñados con cara de poucos amigos...
Situación: Queirúa nº 15 (Merelle - Ordes) 
Máis info sobre ARTEZ :
https://artezonline.com
Fotos por A.L.Crego (https://alcrego.tumblr.com)
Curado por Mutante Creativo
----------------------------------------------------------
Organiza Concello de Ordes
Cofinanza Deputación Provincial da Coruña / Turismo da Deputación da Coruña
Patrocinan Pinturas PROA / Loxam Loxam Hune Spain























martes, 27 de agosto de 2019

Mural de ALEGRÍA DEL PRADO / DesOrdes Creativas 2019

⚡️Seguimos coas fotos finish deste DesOrdes 2019!⚡️ E pasamos ao traballo que Alegria del Prado (México/España) nos deixaron na rúa Nova. 🧐
Este incrible mural forma parte dunha serie de traballos murais que conxuntamente contan unha historia máis longa...
Unha fermosa fábula que nos mergulla no seu complexo e armónico mundo máxico, poboado por personaxes imposibles e reais, que nos acompañan en cada muro amosándonos o camiño da complicada simbiose entre natureza e ser humano.
Fotos por A.L.Crego
Curado por Mutante Creativo
----------------------------------------------------------
Organiza Concello de Ordes
Cofinanza Deputación Provincial da Coruña /  Turismo da Deputación da Coruña
Patrocinan Pinturas PROA / Loxam Loxam Hune Spain












Mural de TWEE MUIZEN / DesOrdes Creativas 2019



Seguimos cos resultados deste DesOrdes 2019! Turno para a talentosa parella galega Twee Muizen
Estes dous habilidosos ratiños levaron a cabo este mural que nos fala sobre a dualidade dende o seu particular mundo onírico, un universo pragado dun adorable bestiario de personaxes e alimentado polo denso sincretismo gráfico de culturas que manexan. 
Situación: Rúa dos Lagartos nº 19, Ordes.

Máis info:
http://leandrobarea.com/es/

Fotos por A.L.Crego
Curado por Mutante Creativo
----------------------------------------------------------
Organiza Concello de Ordes
Cofinanza Deputación Provincial da Coruña Turismo da Deputación da Coruña
Patrocinan Pinturas PROA / Loxam