Mostrando entradas con la etiqueta wallart. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta wallart. Mostrar todas las entradas

lunes, 7 de septiembre de 2020

CINTA VIDAL // DESORDES CREATIVAS 2020

Galego:

Mural de Cinta Vidal no DesOrdes Creativas 2020.

En palabras da artista:

“Dende o intre que vin o muro, decidín que as fiestras ían mandar e de aí foi saíndo todo. Gústame xogar coa arquitectura pra falar de cómo somos e cómo nos relacionamos. Son tempos estranos e distópicos, onde nos aillamos nas nosas casas protexéndonos dun mundo exterior cada vez máis tolo. Busco ese inttre de penumbra onde non é nin día nin noite e no que cada cal habita o seu fogar ao seu xeito”
Un motivo simbólico que convida á contemplación e á reflexión nestes intres de incertidume, onde a introspección é case obrigada. A pesares da multitude de estímulos disuasorios nun mundo de redes e luces de cores…
————————
Castellano:

Mural de Cinta Vidal para DesOrdes Creativas 2020.
En palabras de la artista:
“Desde el momento que vi el muro, decidí que las ventanas mandaban, de ahí fue saliendo todo. Me gusta jugar con la arquitectura para hablar de cómo somos y cómo nos relacionamos. Son tiempos extraños y distópicos, donde nos aislamos en nuestras casas protegiéndonos de un mundo exterior cada vez más enloquecido. Busco recrear ese momento de penumbra donde no es de día ni de noche y en el que cada cual habita su hogar a su manera.”
Un motivo simbólico que invita a la contemplación y a la reflexión en estos momentos de incertidumbre, donde la introspección es casi obligada. A pesar de la multitud de estímulos disuasorios en un mundo de redes y luces de colores…
-----
Fotos por A.L.CREGO
Comisariado por
Mutante Creativo
Situación: rúa dos Lagartos nº 52, Ordes.
-----
-----
Patrocinan:













RESKATE // DESORDES CREATIVAS 2020

Galego:


“SOMOS SEMENTE”

Mural de RESKATE no DesOrdes Creativas 2020.

Galiza, ainda que semelle estrano, foi terra de oliveiras. Coñécese que por mor da Revolta Irmandinha (revolta social no século XV na contra dos abusos por parte da nobreza galega) os Reis Católicos interviron pra debilitar a economía e a autoxestión. Durante o seu reinado arrincáronse oliveiras e ás que ficaron, aplicáronselles uns impostos que fixeron insostible o seu cultivo.
Un feito histórico máis da coñecida como “doma e castración de Galiza” que levaron a cabo naqueles anos e que fixeron mella na deriva político, social e cultural dos seguintes séculos en Galiza como nazón sen estado. Unha represión que afectou a todos os ámbitos e que pode evidenciar certas tendencias socio culturais, políticas e económicas da Galiza actual.
Hoxe en día estase promovendo o cultivo de oliveiras en varios puntos da comunidade e semella que un dos produtores de Ordes podería presentar o seu aceite no 2021.
Quizais lembrar o comezo dun declive, poida axudar a albiscar un futuro mellor, máis autónomo, digno e orgulloso.

Saber máis sobre Reskate:
https://www.reskatestudio.com
https://www.instagram.com/reskatestudio/

////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////

Castellano:

“SOMOS SEMILLA”

Mural de RESKATE en el DesOrdes Creativas 2020.
Galicia, aunque parezca extraño, fué tierra de olivos. Se conoce que a causa de la Revuelta Irmandiña (revuelta social en el siglo XV contra los abusos por parte de la nobleza gallega) los Reyes Católicos intervinieron para debilitar su economía y autogestión. Durante su reinado se arrancaron olivos y a los que quedaron les aplicaron unos impuestos que hicieron insostenible su cultivo.
Un hecho histórico más de la conocida como “doma y castración de Galicia” que llevaron a cabo en aquellos años y que hicieron mella en la deriva político, social y cultural de los siglos venideros en galicia como nación sin estado. Una represión que afectó en todos los ámbitos y que puede evidenciar ciertas tendencias socio culturales, políticas y económicas de la Galicia actual.
Hoy en día se está promoviendo el cultivo de olivos en varios puntos de Galicia y parece ser que uno de los productores de Ordes podría presentar su aceite de oliva en 2021.
Quizás recordar el principio de un declive, pueda ayudar a vislumbrar un futuro mejor, más autónomo, digno y orgulloso.

Saber máis sobre Reskate:
https://www.reskatestudio.com
https://www.instagram.com/reskatestudio/

////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////
Fotos por A.L.CREGO
Comisariado por
Mutante Creativo
------------------------------------------------------
Patrocinan:
Pinturas PROA
/
Loxam
------------------------------------------------------
Situación: Guindibo Riba 32, Ordes










martes, 3 de septiembre de 2019

Mural de ARTEZ / DesOrdes Creativas 2019

Seguimos cos DesOrdes 2019! Agora é turno para o artista serbio Artez! Que nos deixou este mural nunha das entradas principais a Ordes, a de Coruña. 
Nesta peza o artista de Belgrado fálanos sobre os silencios incómodos despois dunha discusión e de cómo ese run run que queda no ambiente, segue facendo barullo ainda que non pronunciemos unha soa palabra mentres estamos enfurruñados con cara de poucos amigos...
Situación: Queirúa nº 15 (Merelle - Ordes) 
Máis info sobre ARTEZ :
https://artezonline.com
Fotos por A.L.Crego (https://alcrego.tumblr.com)
Curado por Mutante Creativo
----------------------------------------------------------
Organiza Concello de Ordes
Cofinanza Deputación Provincial da Coruña / Turismo da Deputación da Coruña
Patrocinan Pinturas PROA / Loxam Loxam Hune Spain























martes, 20 de agosto de 2019

"JERGA" Mural de DANIEL MUÑOZ "SAN" / DesOrdes Creativas 2019


Despois de uns días de descanso, comezamos a amosarvos os resultados deste DesOrdes 2019 pasado por auga. 
Para comezar aquí tedes o mural de Daniel Muñoz "SAN".
"JERGA", unha peza site specific que nos fala (en voz alta) sobre o feito de escribir e debuxar na rúa.
Todo un manifesto sobre o proceso creativo no espazo público, no que SAN, unha vez máis..., apunta certeiramente e da no cravo de cheo, metendo o dedo nas chagas que máis supuran...
En palabras do propio artista: "Hablar del espacio desde aquí arriba es como sacarle fotos al vaho, un acto que envenena y purifica: Entre lo crudo y lo calcinado..."
---------------------------------
Fotos por: A.L.Crego ( https://alcrego.tumblr.com )
Comisariado: Mutante Creativo
---------------------------------
Organiza: Concello de Ordes
Cofinancia: Deputación Provincial da Coruña
Patrocinan: Pinturas PROA / Loxam