Mostrando entradas con la etiqueta mutante. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta mutante. Mostrar todas las entradas

martes, 31 de agosto de 2021

SOKRAM























V. Galego: 

“Concrete Gólem” / Mural por Sokram


Coma un poderoso coloso emerxeu o gólem do capitalismo nas nosas vidas, e con él, a especulación urbanística e o feísmo, fenómenos que derrotaron sen piedade á arquitectura autóctona e de paso á lóxica do ben común, eso si, enarbolando a bandeira do progreso a base de ladrillo, amianto ou cemento. 


A inercia dese pétreo xigante, inamobible, sen ialma nin vontade (só ao servizo do amo), destruíu con demasiado ao seu paso, arrasando coa beleza inherente de aldeas, vilas e cidades, mudando o vello polo novo sen nin sequera preguntarse por un intre se era necesario ou a millor opción.


Ademáis, coma unha sorte de autoodio ou de falta de autoestima galaica (pregúntome de onde ven…?), sumado ao cocktail de desregularización, caciquismo, pobreza, represión cultural, emigración, ignorancia e tamén hai que dicilo, mal gusto, as poboacións da Galiza están sumidas nun caos urbano e feístico, pragado de auténticas cafradas e orixinais aberracións arquitectónicas, moi dificiles de arranxar… A non ser que veña unha Hortensia 2.0 ou unha guerra que arrase con boa parte do desastre.


Este mural pretende ser unha ilustración desta loita entre a cultura e a barbarie, e tamén, unha homenaxe ao noso oficio e ao propio festival. 14 anos xa, que se din pronto.


Non sei se o conseguín pero esa foi a miña intención, e de paso, facelo dun xeito que tivese en conta o entorno no que está a parede, enfronte dun colexo de primaria, ao que fun de pequeno, e que a rapazada que alí se tenta educar puidera recibir con agrado a linguaxe usada e empatizar co mural facilmente.  


Se lles gusta a eles,  doume cun canto nos dentes… (Eles son os que controlan disto…) 



Sokram

Mutante Creativo


+info:

https://www.instagram.com/sokram_desordes/

linktr.ee/Sokram_mutante




-----------------------------------------------------------------------------------------



V. Castellano: 


“Concrete Gólem” / Mural por Sokram


Como un poderoso coloso emergió el gólem del capitalismo en nuestras vidas, y con él, la especulación urbanística y el feísmo, fenómenos que derrotaron sin piedad a la arquitectura autóctona y de paso a la lógica del bien común, eso si, enarbolando la bandera del progreso a base de ladrillo, amianto o cemento. 


La inercia de ese pétreo gigante, inamobible, sin alma ni voluntad (solo al servicio del amo), destruyó con demasiado a su paso, arrasando con la belleza inherente de aldeas, pueblos y ciudades, cambiando lo viejo por lo nuevo sin ni sequiera preguntarse por un momento si era necesario o la mejor opción.


Además, coma una suerte de autoodio o de falta de autoestima galaica ( me preguntoe de donde vendrá…?), sumado al cocktail de desregularización, caciquismo, pobreza, represión cultural, emigración, ignorancia y también hay que decirlo, mal gusto, las poblaciones de Galicia están sumidas en un caos urbano y feístico, plagado de auténticas cafradas y originales aberraciones arquitectónicas, muy  dificiles de arreglar… A no ser que venga una Hortensia 2.0 ou una guerra que arrase con buena parte del  desastre.


Este mural pretende ser una ilustración de esta lucha entre cultura y barbarie, y también, un homenaje a nuestro oficio y al propio festival. 14 anos ya, que se dicen pronto.


Non se si lo he conseguido pero esa fué mi intención, y de paso, hacerlo de una manera que tuviese en cuenta el entorno en el que está la pared, enfrente de un colegio de primaria, al que fuí de pequeño, y que la chavalada que allí se intenta educar pudiese recibir con agrado el lenguaje usado y empatizar con el mural facilmente.  


Si les gusta a ellos,  me doy con un canto en los dientes… (Ellos son los que controlan de esto…) 



Sokram

Mutante Creativo



+info:

https://www.instagram.com/sokram_desordes/

linktr.ee/Sokram_mutante 


-----------------------------------------------------------------------------------------

Curado por Mutante Creativo
------------------
Organizado por Concello de Ordes
------------------
Patrocinan:




lunes, 31 de diciembre de 2012

SOKRAM " Pecado Orixinal"

Galego:

 SOKRAM ( Mutante Creativo)
“Pecado Orixinal”

Estamos a piques de rematar este 2012 e con este derradeiro mural despedimos este ano de DesOrdes; económicas, sociais, civís, e ás veces, tamén creativas.

Nestas datas de festividades nadalescas e cansinas conmemoracións relixiosas, queremos mandarvos un Atalogologo!, felicitándovos estas festas cunha pasaxe bíblica que nos traslade a ese futuro cercano que se dou en chamar Costa de xaneiro, para lembrarnos do que nos espera despois do derroche habitual de nadal: caros regalos, caros mariscos, caros vestidos, caras corbatas,

Caras resacas...

“Pecado orixinal”. É o título do mural de SOKRAM para esta edición do DesOrdes.
Despois da Lei do Solo de Aznar do 98 que fixo medrar a Paco El Pocero e demáis calaña NinJa (con jota), da reforma laboral de 2002 polo mesmo iluminado que abaratou exponencialmente o despido en Españistan, da predecible explosión da obesa burbulla inmobiliaria en 2008, do plan “E”stratéxico de Zapatero que só serviu para facer aceras novas no teu pobo, do rescate non declarado que estamos padecendo dende 2010, dos inxustos recortes en servizos publicos, dereitos e liberdades de Marianico el Cortico e de toda a merda XUNTA que nos chove dende San Caetano, Moncloa, Bruselas, Wall Street e dende sabe cristo onde.. Qué nos queda amig@s? Qué nos espera para este 2013 que se achega? O número non pinta moi ben, a mazá está podre e o paraíso está xa moi lonxe.

Agardemos, canto menos, non seguir pecando de parvos, actuando como novos ricos cando en realidade somos vellos pobres, e que de vez en cando nos acordemos daquela “Navalla de Hanlon” que dicía:

“ Nunca atribúas á maldade o que pode ser explicado pola estupidez “ ou aquela outra frasaza de Einstein que con moita retranca espetaba:

“ Só hai dúas cousas infinitas; a estupidez humana e o universo. E non estou moi seguro acerca disto último...”.

Boas festas! E a ser feliz con pouco amig@s!

Vémonos pronto con máis DesOrdes!

Máis info:



/////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////


Castellano:

SOKRAM ( Mutante Creativo)
“Pecado Original”

Estamos a punto de acabar este 2012 y con este último mural despedimos este año de DesOrdes; económicos, sociales, civiles, y a veces, tambien creativos.

En estas fechas de festividades navideñas y cansinas conmemoraciones religiosas, queremos deciros un Hastaluego!, felicitándoos estas fiestas con este pasaje bíblico que nos traslade a un futuro cercano que es eso que llaman la Cuesta de Enero, para que nos acordemos de lo que nos espera despues del derroche habitual navideño: caros regalos, caros mariscos, caros vestidos, caras corbatas...
Caras resacas...

“Pecado original”. Es el título del nuevo mural de SOKRAM para esta edición del DesOrdes.
Despues de la ley del Suelo de Aznar del 98 que hizo crecer a Paco el Pocero y demás calaña NinJa (con jota), de la reforma laboral de 2002 por el mismo iluminado que abarató exponencialmente el despido en Españistan, de la predecible explosión de la obesa burbuja inmobiliaria en 2008, del plan “E”stratégico de Zapatero que solo ha servido para hacer aceras nuevas en tu pueblo, del rescate no declarado que estamos padeciendo desde 2010, de los injustos recortes en servicios públicos, derechos y libertades de Marianico el Cortico y de toda la mierda XUNTA que nos llueve desde San Caetano, Moncloa, Bruselas, Wall Street y desde sabe cristo donde.. Qué nos queda amig@s? Qué nos espera para este 2013 que se acerca? El número no pinta muy bien, la manzana está podrida y el paraíso está ya muy lejos...

Esperemos, cuanto menos, no seguir pecando de pardillos, actuando como nuevos ricos cuando en realidad somos viejos pobres, y que de vez en cuando nos acordemos de aquella “Navaja de Hanlon” que decía:

“ Nunca atribuyas a la maldad lo que puede ser explicado por la estupidez “ o de aquella otra frasaza de Einstein que con mucha retranca apuntaba:

“ Sólo hai dos cosas infinitas; la estupidez humana y el universo. Y no estoy muy seguro acerca de esto último...”.


Boas festas! Y a ser feliz con poco amig@s!

Nos vemos pronto con más DesOrdes!

Más info:





 





 




miércoles, 12 de diciembre de 2012

MOU

Galego:

MOU, Compostela, 1981. ( Mutante Creativo )

Temos claro que a cúpula de privilexiados que nos observa dende as altas esferas de poder, mírannos dende arriba con déspotas aires de superioridade, tratándonos como membros dun basto e inofensivo rebaño: sumiso, obediente e desorganizado.

Esta realidade está mudando pouco a pouco ainda que eles se esforcen unha e outra vez en agochala e ninguneala. Pero máis tarde ou máis cedo chegará o día no que as ovellas se vistan con pel de lobo pra facerlles fronte e deborar sen piedade a aqueles que tenten rematar cos xa poucos dereitos que nos quedan neste falso estado do “benestar”.

Agardemos que ese día chegue máis cedo que tarde e que todos poñamos un pouco da nosa parte para que esta imaxe que MOU nos trae con este mural, se faga canto antes unha realidade palpable e trascendente.

Máis info:



//////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////


Castellano:

MOU, Compostela, 1981.

Tenemos claro que la cúpula de privilegiados que nos observa desde las altas esferas de poder nos míra desde arriba con déspotas aires de superioridad, tratándonos como miembros de un basto e inofensivo rebaño: sumiso, obediente y desorganizado.

Esta realidad está cambiando poco a poco aunque ellos se esfuercen una y otra vez en ocultarla y ningunearla. Pero más tarde o más temprano llegará el día en el que las ovejas se vistan con piel de lobo para hacerles frente y deborar sin piedad a aquellos que intenten acabar con los ya pocos derechos que nos quedan en este falso estado del “bienestar”.

Esperemos que ese día llegue más pronto que tarde y que todos pongamos un poco de nuestra parte para que esta imagen que MOU nos trae con este mural, se haga cuanto antes una realidad palpable y trascendente.

Más info:

Fotos por:
Mutante Creativo & aiGi boGa  


 











miércoles, 24 de octubre de 2012

XPEN: "Pandominium"

XPEN: “Pandominium”

Galego:

Xpen, artista multidisciplinar, referente da escea galega afincado en Vigo, e nesta quinta edición xa un clásico participante do DesOrdes. Volve este ano pra levar o seu traballo un paso máis alá embarcándose nun proxecto de grandes dimensións.

O mural deste ano é unha visión simbólica e conspiranoica da actual situación de escravitude que sofre o ser humano, plasmado co seu peculiar estilo retrofuturista; no que as máquinas, os humanoides e a robótica teñen un papel esencial e decisivo.

"Quérennos converter en maquinas ausentes de sentimentos, frías e eficientes."


Sobrevivimos nunha sociedade onde os principais valores márcaos o capital, o material, o ter e o aparentar. Onde os verdadeiros valores non existen e se existen están encadeados cuns fermosos grilletes de ouro, vixiados, asediados e controlados.
Unha fermosa gaiola dourada onde nos esquecemos do verdadeiramente importante. Vivir...

Máis info:

Castellano:

Xpen, artista multidisciplinar, referente de la escena gallega afincado en Vigo, y en esta quinta edición ya un clásico participante en el DesOrdes. Vuelve este año para llevar su trabajo un paso adelante embarcándose en un proyecto de grandes dimensiones.

El mural de este año es una visión simbólica y conspiranoica de la actual situación de esclavitud que sufre el ser humano. Plasmado con su peculiar estilo retrofuturista; en el que las máquinas, los humanoides y la robótica tienen un papel esencial y decisivo.

"Nos quieren convertir en maquinas ausentes de sentimientos, frías y eficientes."

Sobrevivimos en una sociedad donde los principales valores los marca el capital, lo material, el tener y el aparentar. Donde los verdaderos valores no existen y si existen están encadenados con unos preciosos grilletes de oro, vigilados, asediados y controlados.

Una preciosa jaula dorada donde nos olvidamos de lo verdaderamente importante. Vivir... 

Más info:
Web XPEN

Fotos por:
Mutante Creativo & aiGi boGa 




  

VIDEO Time-lapse do proceso de creación do mural
Música e realización por XPEN.