Mostrando entradas con la etiqueta certamen. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta certamen. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de noviembre de 2012

NANA

Galego:

NANA, a.k.a. Diana Rodeiro Compostela, 1983. 

A lacra dos lumes neste país de caciques que chamamos Galiza non é nada novo...
O monte non se percibe xa como un ben común, senon como outro eido máis de negocio, de inversión a medio prazo, sempre que prantemos “alcolitos”, claro está.
Os castiñeiros, carballos e outras árbores autóctonas tardan demasiado en medrar e se a rendabilidade do noso investimento vai parar aos netos ou á sociedade en xeral do futuro, como que á maioría non lle interesa dabondo..

Sobre esta cuestión versa o novo mural de NANA, máis en concreto, segundo a súa autora, sobre unha das últimas traxedias medioambientais que sufríu esta terra nos últimos tempos. Falamos do dramático incendio forestal que arrasou con grande parte do parque natural das Fragas do Eume neste último ano (un dos bosques atlánticos millor conservados e máis antigos de Europa) . E que, para variar, neste caso tamén, existen serias dúbidas ao redor das causas que o provocaron. Xa que hai indicios de malévolos intereses económicos detrás da traxedia e non son poucos os que pensan que éste é o verdadeiro motivo desta desfeita medioambiental agora irremediable.

Neste traballo NANA trasládanos a este contexto local ainda que por desgraza universal, por medio dun peculiar autoretrato no que ela mesma, Nana, se amosa como o mito de Diana, deusa da caza e protectora da natureza para os antigos romanos.
Co seu peculiar e persoal estilo compuxo este mural a modo de ilustración na que vemos como os animais do bosque, moi ao seu pesar, vense obrigados a fuxir do seu fogar, escapando dos avarentos lumes e fumes provocados polos humanos.

Máis info:


//////////////////////////////////////////////////////////////////////////////


Castellano:

NANA, a.k.a. Diana Rodeiro Compostela, 1983.

La lacra de los incendios en este país de caciques que llamamos Galicia no es nada nuevo...
El monte ya no se percibe como un bien común, si no como otro sector más de negocio, de inversión a medio plazo, siempre que plantemos eucaliptos.. claro está.
Los castaños, robles y otros árboles autóctonos tardan demasiado en crecer y si la rentabilidad de nuestra inversión va a parar a los nietos o a la sociedad en general del futuro, como que a la mayoría no le interesa demasiado...

Sobre esta cuestión versa el nuevo mural de NANA, más en concreto, según su autora, sobre una de las últimas tragedias medioambientales que ha sufrido esta tierra en los últimos tiempos. Hablamos del dramático incendio forestal que arrasó gran parte del parque natural de As Fragas do Eume en este último año (uno de los bosques atlánticos mejor conservados y más antiguos de Europa) . Y que, para variar, tambien en este caso, existen serias dudas en cuanto a cuales han sido las causas que lo han provocado. Ya que, para algunos hai indicios de malévolos intereses económicos detrás de la tragedia y no son pocos los que piensan que éste es el verdadero motivo de este desastre medioambiental ahora irremediable.

En este trabajo NANA nos traslada a este contexto local aunque por desgracia universal, por medio de un peculiar autoretrato en el que ella misma, Nana, se representa como el mito de Diana, diosa de la caza y protectora de la naturaleza para los antiguos romanos.
Con su peculiar y personal estilo compuso este mural a modo de ilustración en el que vemos como los animales del bosque, muy a su pesar, se ven obligados a huír de su hogar, escapando de las avariciosas llamas y humos provocados por los humanos.

Más info:
Facebook NANA







miércoles, 24 de octubre de 2012

XPEN: "Pandominium"

XPEN: “Pandominium”

Galego:

Xpen, artista multidisciplinar, referente da escea galega afincado en Vigo, e nesta quinta edición xa un clásico participante do DesOrdes. Volve este ano pra levar o seu traballo un paso máis alá embarcándose nun proxecto de grandes dimensións.

O mural deste ano é unha visión simbólica e conspiranoica da actual situación de escravitude que sofre o ser humano, plasmado co seu peculiar estilo retrofuturista; no que as máquinas, os humanoides e a robótica teñen un papel esencial e decisivo.

"Quérennos converter en maquinas ausentes de sentimentos, frías e eficientes."


Sobrevivimos nunha sociedade onde os principais valores márcaos o capital, o material, o ter e o aparentar. Onde os verdadeiros valores non existen e se existen están encadeados cuns fermosos grilletes de ouro, vixiados, asediados e controlados.
Unha fermosa gaiola dourada onde nos esquecemos do verdadeiramente importante. Vivir...

Máis info:

Castellano:

Xpen, artista multidisciplinar, referente de la escena gallega afincado en Vigo, y en esta quinta edición ya un clásico participante en el DesOrdes. Vuelve este año para llevar su trabajo un paso adelante embarcándose en un proyecto de grandes dimensiones.

El mural de este año es una visión simbólica y conspiranoica de la actual situación de esclavitud que sufre el ser humano. Plasmado con su peculiar estilo retrofuturista; en el que las máquinas, los humanoides y la robótica tienen un papel esencial y decisivo.

"Nos quieren convertir en maquinas ausentes de sentimientos, frías y eficientes."

Sobrevivimos en una sociedad donde los principales valores los marca el capital, lo material, el tener y el aparentar. Donde los verdaderos valores no existen y si existen están encadenados con unos preciosos grilletes de oro, vigilados, asediados y controlados.

Una preciosa jaula dorada donde nos olvidamos de lo verdaderamente importante. Vivir... 

Más info:
Web XPEN

Fotos por:
Mutante Creativo & aiGi boGa 




  

VIDEO Time-lapse do proceso de creación do mural
Música e realización por XPEN.






miércoles, 26 de septiembre de 2012

LIQEN no DESORDES CREATIVAS 2012



Galego:

Logo da súa última visita ao DesOrdes en 2010, Liqen volta a Galiza despois dun periplo de cor por medio mundo: México D.F., Chiapas, Miami, Tokyo, Hiroshima, New York, Berlin, London, Madrid, Ilhas Azores e agora de novo, Ordes!
Na nosa humilde opinión, Liqen é hoxe por hoxe un dos artistas urbanos máis influíntes e orixinais do panorama internacional e así o demostra a calidade da súa obra en canto a contidos, estilo e técnica.
Mestre da liña e da cor,o seu traballo amosa de principio a fin unha capacidade apabullante de inventiva e manipulación da realidade. Cun nivel de coñecemento experto en bioloxía; fauna, flora, tecnoloxía e ciencia ficción homeopática converxen nun torrente de mutacións morfolóxicas que dan lugar a conceptos e mensaxes complexos, cargados de significantes profundos e cruciais no devenir do ser humano.
Nesta ocasión, este ser sensible e complexo, a medio camiño entre fungo e alga, medrou de novo nas paredes do desordes para facer brotar outra impactante e concienzuda metáfora visual.
Algúns pensarán: estes barren pa casa! Pero non amigos, non somos nós os que barremos…

Máis info:
http://liqen.org/

Fotos por:
aiGi boGa photoGraphy & Mutante Creativo


----------------------------------------------------------------------------------------------

Castellano:

Después de su última visita al DesOrdes en 2010, Liqen vuelve a Galiza despues de un periplo de color por medio mundo: México D.F., Chiapas, Miami, Tokyo, Hiroshima, New York, Berlin, London, Madrid, Ilhas Azores y ahora de nuevo, Ordes!
En nuestra humilde opinión, Liqen es hoy por hoy uno de los artistas urbanos más influyentes y originales del panorama internacional y así lo demuestra la calidad de su obra en cuanto a contenidos, estilo y técnica.
Maestro de la linea y del color, su trabajo muestra de principio a fin una capacidad apabullante de inventiva y manipulación de la realidad. Con un nivel de conocimiento experto en biología; fauna, flora, tecnología y ciencia ficción homeopática convergen en un torrente de mutaciones morfológicas que dan lugar a conceptos y mensajes complejos, cargados de significantes profundos y cruciales en el devenir del ser humano.
En esta ocasión, este ser sensible, escurridizo y complejo, a medio camino entre hongo y alga, creció de nuevo en las paredes del desordes para hacer brotar otra impactante y concienzuda metáfora visual.
Algunos pensarán: estos barren pa casa! Pero no amigos, no somos nosotros los que barremos…


Más info:
http://liqen.org/

Fotos por:
aiGi boGa photoGraphy & Mutante Creativo



 
 


 

 













lunes, 17 de septiembre de 2012

NANO 4814 no DESORDES 2012

Galego:

NANO 4814

Natural de Vigo e emigrante sen papeis en Madrid dende fai 8 anos, é un dos artistas urbanos de todo o estado con maior proxección internacional. Referencia obrigada e pioneiro en España do chamado post graffiti iconográfico, moitos recoñecerédelo polo seu popular logotipo persoal, un choquiño a modo de throw up, que o representa alá por onde vai, cuspindo tinta sen parar aquí e alá.

Versátil, vitalista, simbólico, licenciado en belas artes na especialidade de escultura, o seu traballo creativo nútrese inevitablemente de diversas influencias, pero a súa melomanía conxénita e unhas raíces fornidas no mundo do skateboarding fai mella nas súas creacións. Cun estilo colorista, aparentemente positivo, cun trazo firme que roza ós perfectos acabados en vinilo, toca temas que aluden en ocasións a realidades bastante siniestras coas que describe variopintos mensaxes, sempre sutilmente camuflados baixo esa estética a primeira vista alegre.
Nos últimos anos Nano percorreu co seu traballo diversos paises por todo o mundo, expoñendo en diferentes festivais e espazos expositivos de renome. Cabe destacar a súa participación no Tate Modern de Londres e os tours con Equipo plastico por cidades como Pekin, Monterrey ou Lima.

Neste DesOrdes 2012 de acontecementos, Nano regaloulle a esta vila esta peza na que combinou pintura plástica, sprays, rodillos, a orquesta panorama, pinceis, un cacharro-difusor cheo de pinturica diluída teoricamente deseñado para sulfatar “diversos cultivos”, andamios, un camión elevador, unha despedida de solteiro, unha escada colectiva e unha gran dosis de desordes creativas.

O mural atópase na rúa dos lagartos e según o acordo firmado ante notario que chegou Nano cunha veciña do lugar douse en chamar “ O Borrachín”.

Máis info:
http://nano4814.com/
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Castellano:  

NANO 4814 

Natural de Vigo y emigrante sin papeles en Madrid desde hace 8 añosw, es uno de los artistas urbanos de todo el estado con mayor proyección internacional. Referencia obligada y pionero en España del llamado post graffiti iconográfico, muchos lo reconocereis por su popular logotipo personal, un choco o calamar a modo de throw up, que lo representa allá por donde va, escuspiendo tinta sin parar aquíe allá.

Versátil, vitalista, simbólico, licenciado en bellas artes en la especialidad de escultura, su trabajo creativo se nutre inevitablemente de diversas influencias, pero su melomanía congénita y unas raíces fornidas en el mundo del skateboarding hace mella en sus creaciones. Con un estilo colorista, positivo, un trazo firme que roza los perfectos acabados en vinilo, toca temas que aluden en ocasiones a realidades sórdidas y bastante siniestras con las que describe variopintos mensajes, siempre sutilmente ocultos bajo esa estética aparentemente alegre.
En los últimos años Nano ha recorrido con su trabajo diversos paises por todo el mundo, exponiendo en diferentes festivales y espacios expositivos de renombre. Cabe destacar su participación en el Tate Modern de Londres y el tour con Equipo Plástico por ciudades como Pekin, Monterrey o Lima.

En este DesOrdes 2012 de acontecimientos, Nano regaló al pueblo esta pieza en la que combina pintura plástica, sprays, rodillos, la orquesta panorama, pinceles, un cacharro-difusor lleno de pinturica diluída teoricamente diseñado para sulfatar “diversos cultivos”, andamios, un camión elevador, una despedida de soltero, una escalera colectiva y una gran dosis de desordes creativas.

El mural se encuentra en la “Rúa dos Lagartos” y según el acuerdo firmado ante notario al que llegaron Nano y una vecina del lugar ha resultado llamarse “ O Borrachín”.

Más info:
http://nano4814.com/ 


 



 
 

lunes, 9 de julio de 2012

DESORDES CREATIVAS 2012

Galego:
Aquí está o cartaz da inminente vindeira edición do DesOrdes Creativas, que terá lugar en Ordes ( A Coruña ) dende o 17 de xullo ao 22 de agosto.
Durante estas datas estarán traballando nas rúas da vila esta selección de artistas, que levarán a cabo murais de gran formato en distintas localizacións do casco urbán.
Ademáis disto, durante o festival terán lugar outras actividades paralelas como unha exposición colectiva no Museo Juanjo Linares, varias Master classes impartidas por algúns dos artistas convidados e algunhas outras iniciativas.
 Nos vindeiros días anunciaremos onde intervirá cada artista e as datas exactas nas que levarán a cabo cada mural.

------------------------------------------------------------------

Castelán:
Aquí está el cartel de la inminente próxima edición del DesOrdes Creativas, que tendrá lugar en Ordes ( A Coruña ) desde el 17 de julio al 22 de agosto.
Durante estas fechas estarán trabajando en las calles del pueblo esta selección de artistas, que llevarán a cabo murales de gran formato en distintas localizaciones del casco urbano.
Además de esto, durante el festival tendrán lugar otras actividades paralelas como una exposición colectiva en el Museo Juanjo Linares, varias Master classes impartidas por algunos de los artistas invitados y algunas otras iniciativas.
 En los próximos días anunciaremos dónde intervendrá cada artista y las fechas exactas en las que se llevará a cabo cada mural.